O BNG presentou alegacións de veciños contra a taxa de saneamento

bng-logo redondoO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou na mañá deste martes, día 15, no rexistro municipal as alegacións individuais de 600 veciños e veciñas contra a imposición dunha nova taxa polo mantemento da rede de saneamento «que non fai máis que confirmar a política iniciada por este goberno municipal de incremento permanente das taxas e impostos que repercuten directamente nos vecinos e veciñas desta cidade cada vez dunha maneira máis gravosa» sinala o BNG nun comunicado

«Neste caso, esta nova taxa, ven avalada pola aprobación dun convenio co Ministerio de Fomento a través da empresa ACUAES que ningún partido estatal cuestionou e que únicamente foi o BNG quen se opuxo no pleno municipal a a aprobación deste convenio co que se pretende avalar a imposición desta nova taxa que vai a tripriclar o coste do saneamento no Concello de Ferrol ao facer que os veciños e veciñas teñamos que asumir o coste dunha infraestructura declarada de interese xeral desde o ano 1997 e que ademais non permite que os propios veciños e veciñas deta cidade, tendo que asumir o coste desta infraestructura, poidamos tomar decisión respecto da mesma para poder modificar algún dos seus aspectos.

O exemplo evidente, desta imposibilidade demodificar aspectos deste proxecto, é a ubicación dos tanque de tormentas, ademais de que se está a desenvolver un saneamento que non é un saneamento sustentábel ao circunscribirse a una rede unitaria no canto de desenvolver unha rede separativa e que por tanto únicamente vai permitir que a ría de Ferrol sexa declarada como “zona B” cando o seu obxectivo debía ser a súa declaración como “zona A”.

Por esto se presentaron estas alegacións avaladas por 600 veciños e veciñas desta cidade que queren expresar deste xeito a súa oposición a aplicación dunha nova taxa que tripricará o custe do recibo e que ademais vai aumentar o seu coste en anos posteriores xa que hai una parte que ainda esta sen aplicarse e que se aplicará apartir do ano 2016.» remata o BNG no seu comunicado remitido aos medios de comunicación.

Lea también

O BNG de Ferrol afirma que «a lingua galega está viva e que a sociedade está disposta a defendela»

O BNG de Ferrol a través dun comunicado anuncia que diferentes colectivos da cidade de …