135 expositores participarán no Mercado Local Xusto en San Sadurniño

mercado-xusto-san-sadurnino
O Mercado Local Xusto parece que se vai consolidando pouco a pouco, a primeira edición contou con 85 postos participantes e pouco máis dun ano despois o número de expositores medrou ata os 135.

Segundo o concelleiro de Cultura e Participación veciñal, Manolo Varela o obxectivo do mercado é «conectar mellor a pequena produción e comercialización coa clientela final, sen intermediacións e procurando que as cousas teñan un prezo xusto tanto para quen vende como para quen compra». Tal e como explica Varela, outro grande obxectivo desta proposta municipal é «recuperar o espírito das feiras de antano a través dun mercado de proximidade adaptado aos novos tempos que, ademais, sexa un reclamo turístico».

Esta quinta edición do Mercado Local Xusto que se celebra este próximo domingo 27, presentará unha nova distribución do espazo dispoñible debido a que se están levando a cabo obras no contorno do convento do Rosario, onde se sitúan habitualmente os expositores de planta e alimentación. Así, estes postos pasarán á praza do antigo Concello, mentres que a artesanía se distribuirá polas beirarrúas da avenida Marqués de Figueroa e a rúa paralela ao CPI. O mercadillo de segunda man quedará coma sempre, no aparcadoiro público que hai ao pé do cemiterio.

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …