"Unha deputación para todos os Concellos", un plan único de apoio

(Foto: Archivo) Deputación da Coruña
(Foto: Archivo) Deputación da Coruña

«O DTC (Unha Deputación para Todos os Concellos) é un plan inédito ata o ano 2012 na Deputación da Coruña.

Nunha primeira edición contou con 24 millóns de euros. Nesta segunda leva 18 millóns de euros.

En ningún caso substitúe ao POS (Plan de Obras e Servizos), que segue funcionando na Deputación da Coruña coa novidade de que, desde o ano 2011, a Deputación achega integramente as cantidades, xa que o Estado deixou de apoiar os plans provinciais.

Ao POS se destinan cada ano 24,2 millóns de euros que se reparten entre todos os concellos da provincia en base a uns criterios obxectivos

Novidades incluídas nos últimos anos no POS: os concellos non teñen que aportar nada para a posta en marcha dos seus proxectos (antes era obrigatorio achegar o 5%); os concellos poden destinar ata o 60% das cantidades que reciben a financiar o seu gasto corrente; os concellos xa non teñen que acreditar a titularidade dos terreos ou bens onde van actuar; basta con ter a súa disponibilidade.

UN PLAN ÚNICO

A razón da posta en marcha do DTC, a mediados do ano 2012, responde á disponibilidade de remanentes de tesourería que poderían empregarse en subvencións puntuais pero que esta Deputación decidiu destinalos a un plan único ideado co obxectivo de dar resposta ás necesidades de todos os concellos da provincia nun momento de crise económica.

Os criterios de reparto son obxectivos, o que demostra o seu respecto pola autonomía local xa que son os concellos os que deciden a onde destinar os cartos. E ningún partido político votou en contra das bases que rexerían o plan DTC no pleno do mes de xullo do 2012.

CRITERIOS DE REPARTO DO DTC

10% de cota fixo.
30% poboación.
30% superficie.
10% número de parroquias.
20% esforzo fiscal.

É importante resaltar o 20% do esforzo fiscal, xa que desde o equipo de goberno da Deputación enténdese que os concellos que aplican un maior esforzo fiscal aos seus cidadáns, e comparten esta responsabilidade con outras administracións, deben recibir tamén como compensación máis cartos dos plans da Deputación da Coruña. “O que non pode ser é que un concello non aplique as taxas aos seus cidadáns para despois pedir ingresos a outras administracións”.

Exemplos de investimento por habitante do DTC93

As Somozas: 139 euros/habitante
Santiso: 75,45 euros/habitante
Boimorto: 63,44 euros/habitante
San Sadurniño: 49,39 euros/habitante
Arzúa: 39,37 euros/habitante
Mañón: 87,71 euros/habitante
Monfero: 97,80 euros/habitante
Toques: 98,47 euros/habitante
Irixoa: 79,22 euros/habitante
Oza-Cesuras: 64,06 euros/habitante

Lea también

La unidad UIFO de la Xunta identifica al presunto autor de varios incendios en Calvos de Randín

Tras un trabajo de investigación desde que se produce el primero de los incendios el …