Danza Contemporánea no Pazo da Cultura

constelacionesO Pazo da Cultura de Narón abrirá as súas portas este domingo, día 9, ás 19.00 horas para ofrecer o espectáculo de danza contemporánea CONSTELACIONES a cargo da compañía “Aracaladanza” .

Un espectáculo de 50 minutos de duración para todos os públicos (a partir de 4 anos).

O prezo da entrada é de 12,50 € / Abonados-Carné Xove ou de Estudante (ata 25 anos)-Desempregados: 8,75 €.

QUEN INSPIRA ESTE SOÑO

Mestre da cor, Joan Miró sempre nos fascinou coa súa mirada limpa e transparente. O seu artesanal xeito de crear logrou atravesar formas e movementos para crear unha linguaxe propia chea de luz.

CONSTELACIONES

«Imaxina unha praia. A marea está baixa. A area está mollada e lisa. Non hai nin unha pisada. É como unha lousa limpa. Tes un pau na man. Ou quizais non. Pon que só tes os teus dedos… Agáchaste. Non sabes que debuxar. Non queres estragar a area, aínda que se miras ao lonxe, podes ver que hai moita praia, moita area sen pisar. E entón decídeste e pintas e escarvas e pisas firme e pos as mans. Achégaste á beira con coidado. Sabes que unha onda te pode mollar. E sabes que pode borrar os teus debuxos, as túas esculturas, todo o que fixeches coas túas mans.»

Así creaba Joan Miró cando pintaba, esculpía ou tecía. E así fixemos nós para inventar Constelacións, que é a terceira obra de Aracaladanza inspirada nun artista plástico. Nós traballamos con algunhas das cores e das formas que utilizaba Miró e démoslles movemento sobre o escenario. Fantasiamos historias que non teñen ningún sentido. Fixémolo porque nos divirte. Se podemos lograr que ti o pases ben, estaremos contentos. E se ademais, cando saias de ver a función se che ocorren ideas e deixas voar a imaxinación, xa nin che digo! (Constelaciones)

ESPECTÁCULO CONSTELACIONES

  • Autor,director e coreografía: Enrique Cabrera.
  • Adaptación e deseño son: Aracaladanza
  • Escenografía e vestiario: Elisa Sanz
  • Deseño iluminación: Pedro Yagúe
  • Música: Mariano Lozano P. Ramos Luis Miguel Cobo Música Numbers 1-4 – Simon Jeffes.Music for a found harmonium – Simon Jeffes © 1976 Editions Penguin Café Ltd.
  • Elenco artístico: Carolina Arija Gallardo, Jorge Brea Salgueiro, Raquel de la Plaza Húmera, Jonatan de Luis Mazagatos, Jimena Trueba Toca.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo de danza tradicional “Ceibe”

O Pazo da Cultura de Narón acolle esta fin de semana unha nova proposta, o …