EU pide ao goberno municipal o cese de recortes a Aspaneps

aspaneps 10-4Según unha nota remitida por Esquerda Unida, sinala entre outras cousas que «defendeu hoxe na comisión ordinaria de Benestar Social a necesidade de que o concello de por finalizado o período de recortes orzamentarios a Aspaneps. A asociación, que atende a nenos e nenas con problemas psicosociais, ven denunciando o recorte que sofre desde 2010 por parte de Xunta e Concello. Por parte da primeira casi un 30% e por parte do concello un 53%. Programas que foron premiados e que se converteron en referencias no eido da saúde mental infantil».

«O concello coa súa política está a provocar unha mingua das condicións laborais dos traballadores de Aspaneps e , como consecuencia, dos servizos que presta desde hai máis de vinte anos. O equipo de Aspaneps someteuse a un ERE e recorte do 25% dos seus salarios para así manter o servizo. No concello de Galicia co remanente de tesourería multimillonario ocorre que hai unha entidade que cumpre desde hai décadas coas funcións que, no momento do seu nacemento, nin sequera cumpría a administración sanitaria e que sofre unha retallada de vinte mil euros».

Os concelleiros de Esquerda Unida ao igual que as parlamentarias de AGE a semana pasada en entrevista de traballo en Aspaneps, defenderon que o goberno municipal se dirixa á Xunta para restituír a subvención aos niveis de 2010 e que inmediatamente o concello faga o propio coa subvención para o 2015 nos orzamentos correspondentes.

«Para Esquerda Unida-remata o cumunicado- non é suficiente o que o PP local ten previsto: unha suba de cinco mil nun dos programas que sufriron un recorte de vinte mil. De non facelo o grupo municipal comprométese , desde xa, a presentar a alegación correspondente aos orzamentos municipais en materia de asistencia social sen que supoña nin un euro de mingua en ningún dos programas xemelgos do departamento de Benestar: hai de sobras de onde tirar. Trece millóns de sitios».

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …