De varia cultura

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

 DA CULTURA DOS ESTUDIOS LOCAIS

Nestes tempos existe un crecente interese polo coñecemento da historia local e pola recuperación da memoria histórica, pescudando nas propias sinais de identidade. Cada vez son máis as vilas e cidades que afondan no estudio da súa historia e tradicións. O coñecemento do seu pasado histórico é o mellor indicador da evolución cultural dun pobo e unha sabia ensinanza cara ao futuro.

Este interese vense a plasmar en diversas publicacións e revistas de estudios locais de toda Galicia. Acaba de publicarse o número 30 de Estudios Mindonienses, de gran raizame na nosa cidade. Ademais, en localidades próximas a Ferrol, este ano Betanzos presenta o número 36 do Anuario Brigantino, Pontedeume fai o mesmo co número 21 de Cátedra, e fai poucos días presentouse o número 16 da Revista de Neda. Cinco significadas persoas son as responsables deste excelente labor: Segundo López, Ramón Otero, Alfredo Erias, Alexandre Cainzos e Manuel Pérez Grueiro. A todos eles, noraboa.

Mentres isto ocorre na nosa veciñanza, ata de agora Ferrol, a Cidade Ensimesmada, segue a ser a excepción nesta corrente xeral. A pesares da súa tradición ilustrada, das numerosas asociacións culturais, esmorecendo a maioría delas, da secular presenza da Armada e dos vinte cinco anos cumpridos da Universidade, dúas institucións que non son quen de imbricarse no tecido social e cultural da urbe, Ferrol non é capaz sacar á luz unha revista de estudos históricos locais e comarcais.

DA CULTURA DE FERROL

Tempo atrás, por mor das goteiras existentes no patio do Centro Cultural Municipal, tivemos ocasión de ver a máis ampla exposición cubista que nunca se vira en Ferrol. Desta rolda, reparadas as devanditas goteiras e por mor do perigo que corrían no xardín exterior de areas movedizas, un par de bañeiras das utilizadas en séculos pasados para o aseo dos vivos e os mortos do antigo Hospital, foron colocadas como adobío? do fermoso patio.

Mentres tanto segue o desprezo cara ao medieval Cristo da Tahona e o dezaoitesco Escudo de Ferrol da Ilustración, arrombados dun xeito irrelevante. Quen é o responsable da programación do presunto Centro Cultural?

Onte - Hoxe.
Onte – Hoxe.

DA CULTURA DA NADA

Ante a pasividade, raiana na parálise, do concello de Ferrol no tema do Patrimonio da Humanidade, unha entidade ferrolá chamada Cofer, presuntamente dedicada ao obxectivo de creación de emprego, ten a humorada de pedir firmas para o devandito Patrimonio da Humanidade nun centro comercial dun concello veciño a Ferrol, denominado Narón. Calquera día destes veremos ao señor Pachara dando unha conferencia no mosteiro de San Martiño de Trasancos sobre a pegada do Modernismo de Rodolfo Ucha na Cidade Ensimesmada ou sexa Ferrol.

 

 

Lea también

A Ribeira Sacra

Ramón Veloso ( ramonveloso@ramonveloso.com) Está visto que no hace falta grandes viajes de muchos kilómetros para …

3 comentarios

  1. jose ignacio dapena fernandez

    Para los lectores de este gran periódico digital, Ferrol por desgracia para los nos sentimos ferrolanos de sangre y cariño, nunca ha tenido una Corporación Municipal que se precocupase por la Real Historia de Ferrol, lo que se si se ha hecho maravillosamente, es destruir una plaza de España que aparte de sus estanques,sus jardines la estatua del General Franco nacido en Ferrol, un Cantón de Molins, donde la parejas de achuchaban, un amboaje con sus arboleda, donde los alumnos del Colegio Tirso de Molina íbamos a jugar a las lombas, al futbol, tenía una arboleda preciosa,y hoy como está Ferrol ¿hay ilusos que pretenden que sea Patrimonio de la Humanidad? el comentario de JJ. Burgoa de hoy tiene toda la razón del mundo enhorabuena por decir tantas verdades.

    • Creo sr dapena que su comentario lo hace desde la melancolía de su niñez , pero una ciudad por desgracia tiene que avanzar y modernizarse con los tiempos que corren , ya nadie pasea por las alamedas de ninguna ciudad (pasean por los centros comerciales), el canton de molins le vendrá de perla la próxima remodelación , ni los niños juegan a las lombas en ninguna plaza ( juegan a las maquinitas ) hoy tenemos que dar servicios hosteleros con terrazas por que si no tendrían que cerrar los negocios , usted cree que la coruña hay personas que dicen que no se merecen ser patrimonio de la humanidad , nunca lo diran pero le aseguro que tienen calles y barrios que dan pena , nosotros en cambio nacimos críticos por naturaleza y eso tiene que cambiar, al sr jj Burgoa decirle que me encantan sus comentarios . los tiempos cambian POR DESGRACIA!!!

  2. Magnífico artículo