El BNG de Narón dice que el PP miente sobre el tema de los presupuestos

(Fot. Concello de Narón)
(Fot. Concello de Narón)

El BNG de Narón ha emitido un comunicado como respuesta a las críticas del partido Popular naronés sobre el proyecto de presupuestos para el año 2015, en la nota los nacionalistas señalan que «Despois de ver nos medios de comunicación local, como dende o Partido Popular naronés se intenta novamente enganar á cidadanía, desta vez, mentindo sobre a realidade do Orzamento do Concello de Narón para o ano 2015, dende o BNG non podemos  quedar sen  contradecir as afirmacións efectuadas polo seu portavoz, Miguel de Santiago, tendo en conta que o que din non é certo.

BAIXADA DOS SERVIZOS

Non é certo aínda que se empeñen en repetilo unha e outra vez, acolléndose así ao principio propagandístico que se concreta na frase “se unha mentira se repite suficientemente, acaba por convertirse en verdade”, e non é certo porque onde Miguel de Santiago e os seus acólitos afirman que os servizos baixan, a realidade é que en Narón séguense a prestar os mesmos servizos  e coa mesma calidade a pesar da crise económica.

Non é certo que os veciños e veciñas de Narón paguen máis no 2015, xa que as ordenanzas fiscais veñen de se conxelar, coa única modificación do recibo do lixo, que baixa un 4%.

Dito isto, ao respecto dos impostos, debemos sinalar que as subas tributarias máis importantes dos últimos anos, viñeron motivadas directamente polas decisións políticas do Partido Popular, tanto no goberno da Xunta coma no do Estado, en ralación con SOGAMA no primeiro caso, e co IBI no segundo, que o goberno de Mariano Rajoy obrigou aos concellos a subir, coa aprobación do Real Decreto Lei 20/2011 de 30 de decembro.

OS SERVIZOS DE EMERXENCIA

Minte tamén o portavoz do PP cando afirma que hai máis gastos internos, xa que omite dicir que o gasto interno que se incrementa é o derivado de que o Concello vai asumir a xestión do servizo de emerxencias, coa conseguinte contratación de persoal cualificado e esquece que eses cartos e, incluso máis eran os que se lles transferían a Ferrol e que, pola súa cualificación orzamentaria, se atopaban no apartado de transferencias correntes.
E finalmente, o PP MINTE  tamén cando afirma que hai menos inversión, xa que se botamos a vista ao documento que se someterá ao Pleno mañá xoves, veremos que medra o investimento con recursos propios, chegando a ser o dobre que no ano 2010, se ben dende o resto de administracións non teñen prevista ningunha colaboración co goberno local na materia.

CONVITE Á CIDADANÍA

Mañá xoves,  ás 19.00 h, o Concello de Narón acollerá a sesión Plenaria na que desmontarán as mentiras do PP, polo que dende o Bloque queremos convidar á cidadanía local a asistir á sesión pública deste órgano muncipal que se celebra cada último xoves de mes, e verán como dende o PP míntese…e non se poñen colorados, xa están acostumados».

Lea también

Narón acomete melloras no firme de varios parques infantís

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, …