O BNG di que o proxecto do mercado de Caranza é de cínicos

mercado-caranza

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o anuncio da redacción dun proxecto para a construción dun novo mercado para Caranza, formulado polo goberno local, «é unha boa mostra do cinismo co que actúa este goberno, que despois de ter completamente abandonado esta edificación durante todo o mandato fai un anuncio coma este sen definir cales son os criterios nin os obxectivos que se propoñen.

Este anuncio forma parte da política desenvolta polo PP ao longo do mandato, propaganda, ocultación e cinismo, escondendo os obxectivos políticos reais do PP, e que relación con infraestruturas coma esta consistiron no desprezo e abandono, do mesmo modo que se abandonou totalmente ao pequeno comercio, eludindo calquera responsabilidade sobre a situación actual deste sector na cidade, ao tempo que desde o goberno do PP se traballou na promoción das grandes áreas comerciais no Concello.

Para o BNG cómpre ter claro que o obxectivo pasa pola rehabilitación integral do edificio con posibles alteracións, ampliacións ou engadidos que permitan a adecuación as necesidades funcionais actuais para o desenvolvemento dun mercado tradicional moderno de xestión municipal, promovendo o seu uso e combinándoo con outras actividades de carácter público e urbano, e non xustificar no avanzado e provocado desde a administración local, estado de deterioro do edificio a súa entrega a unha grande área comercial, na constante política do PP de eludir a súa responsabilidade pública e continuada política de externalización de servizos xestionados desde a administración local, nunha estratexia recurrente de venda a pedazos desta cidade.

O BNG lembra que na actualidade o mercado municipal de Caranza leva anos totalmente desatendido polo que compre que se fixen criterios claros a respecto do mesmo que se aposte por medidas que favorezan aos mercados e ao pequeno comercio en Ferrol».

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …

2 comentarios

  1. Tiene razón el BNG. El mercado de Caranza lleva añossss en un estado de deterioro considerable. La única vez que fui, me causó una sensación de miseria indescriptible, es más, estaba, en aquel entonces dicha formación política (BNG), desgobernando en el Ayuntamiento de Ferrol, creo que dejándose el dinero, que muy bien podría destinarse a la rehbilitación del mercado de Caranza, en la pesadilla delirante de la Plaza de España.
    Creo que ahora, podrían tomar conciencia de lo que cuestan las machadas, para no seguir dilapidando, con el ambicioso proyecto de apuntalamiento de la casa de Carballo Calero. Qué van 300.000 EUROS!!!!.La culpa no la tienen ellos…

  2. ana decirte que te equivocas no fueron 300.000 euros fueron 400.000 una autentica vergüenza y atraco a los ciudadanos, yo soy vecino del ensanche pero creo que los vecinos de caranza merecen un mercado nuevo , adelante