EU critica a ausencia de interese pola conservación do patrimonio arquitectónico da cidade

fabrica de lapices

Esquerda Unida, a través do seu grupo municipal, enviou un comunicado no que indica, entre outras cousas, que «quere sinalar a ausencia total de interese do equipo de goberno liderado por Rey Varela na conservación do patrimonio arquitectónico da cidade. Unha cidade que di aspirar a converterse en Patrimonio da Humanidade non pode manter un desleixo como a que vimos observando ao longo deste mandato. Conocida é a loita que no seu día a nosa organización desenvolveu como outros moitos axentes cidadáns en contra do derrubamento da Fábrica de Lapis, de final igualmente sabido. Tamén recordamos o acontecido co Bambú Club situado nun barrio protexido. Outro episodio destacado é o protagonizado pola derruba da casa natal de Carvalho Calero noutro enclave preservado como BIC.

O grupo municipal de Esquerda Unida quere sinalar como igualmente nefasta a resolución de procesos de rehabilitación que o goberno do PP se encontrou en marcha. Non cabe outro xeito de definir o acontecido no edificio do Ateneo, cuxa variación arbitraria e caprichosa dos seus usos finais deu lugar a un conflito que se mantén no tempo. No caso do coñecido como Antigo Hospicio o que se mantén é unha indefinición absoluta do seu destino final, que en palabras textuais do responsable de cultura en resposta á pregunta formulada por Suso Basterrechea, concelleiro de EU: «será anunciado polo alcalde cando estime oportuno».

No seu comunicado, continuaron incidiendo que «Esquerda Unida entende que a obriga dun goberno municipal é actuar con decisión naquel ámbito que lle corresponde. Poñer en valor, dotar de usos ou utilizar como referentes urbanos aquelas construcións singulares de Ferrol é unha das maneiras máis directas e claras de contribuír á dinamización tan necesaria da nosa cidade. A nosa organización comprométese a traballar nese sentido dende o próximo goberno da cidade e esquecer as formas actuais máis propicias á derruba e á dilapidación en ascensores ao ceo«.

Lea también

El PP de Ferrol denuncia el oscurantismo del contrato de emergencia de los desbroces

El concejal del PP de Ferrol, José Tomé, reiteró, una vez más, «el abandono total» …