Marea Ártabra ve inexplicable la retirada del apoyo de EU y Anova

marea artabra logoMarea Ártabra, reunida en asamblea general extraordinaria, en este lunes 30 de marzo, quiere trasladar a la opinión pública los siguientes acuerdos y consideraciones:

1º Que a Marea Ártabra ven desenvolvéndose desde a súa constitución en setembro de 2014, como un espazo de confluencia para construír unha alternativa cidadá ao actual goberno municipal e ás súas políticas.

2º Que a radicalidade democrática, horizontalidade e toma de decisións colectivas, son un sinal de identidade da Marea Ártabra. Que ese sinal de identidade non aparece só nos documentos da Marea, senón que é unha práctica política que impregna toda a nosa actividade. Así a puxemos en prática no proceso de primarias que recentemente celebramos, na aprobación do código ético e o regulamento de funcionamento, así como na elaboración e aprobación do programa que está na súa fase final.

3º A día de hoxe, e inexplicablemente, a Marea Ártabra non ten coñecemento das razóns que levaron ás direccións de Esquerda Unida e Anova a retirar o seu apoio a este espazo de confluencia na Marea para formar unha  nova e apresurada alternativa electoral.

4º Na Marea continúan participando militantes de Anova, de Esquerda Unida,  persoas inscritas en Podemos e militantes de Espazo Ecosocialista Galego. Esta última organización política, que forma parte da coalición AGE e AGEeuropa, mantén desde o principio o apoio á confluencia cidadá que se dá na Marea Ártabra.

5º Todas estas persoas, xunto con activistas sociais e persoas sen adscrición partidaria algunha, conformamos un espazo político lonxe de pactos e maniobras políticas obscurantistas e de cúpulas que reproducen a vella política. A pluralidade e a diversidade conviven no seo da Marea, apoiándose nos valores do respecto e na defensa do ben común.

Parécenos irresponsable, aínda que lexítimo, abandoar este espazo común que é a Marea Ártabra, para dividir, para restar forzas no campo democrático frente aos que impoñen as políticas de recortes, malgasto e corrupción. A Marea Ártabra segue a ser un espazo aberto á participación, onde todas as voces teñen o mesmo valor e onde as decisións tómanse por consenso ou por maioría, mais sempre en Asemblea. Un espazo para compartir, para a colaboración e a complementariedade, e non para a competencia.

As portas da Marea Ártabra, como espazo común de unidade popular, seguen abertas

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …

Un comentario

  1. Al final no tenían tanto en «común»….