Marea Ártabra propón a creación dun Observatorio Municipal da Saúde das Mulleres

(Fot. cedida)
(Fot. cedida)

A Marea Ártabra presentou o seu Programa de Igualdade diante da estatua que a cidade ten en lembranza e recoñecemento á figura de Concepción Arenal.

As integrantes da lista Lucia Vizoso, Begoña Hermida e Paula Meizoso, compareceron en rolda de prensa para explicar que o Programa de Igualdade da Marea constrúese sobre tres eixos:

1º Eixe, propostas de reordenamento institucional, onde destaca a aposta polo enfoque comarcal que caracteriza á Marea, indicando que os servizos da Casa das Mulleres, Casa de Acollida e CIM, pasen a ser servizos mancomunados. Ou donde tamén se especifica a reformulación do actual Consello Sectorial da Muller para convertilo nun órgano resolutivo.

2º Eixe, propostas de implementación de políticas de igualdade, onde destaca a convocatoria dun Foro Cidadá Pola Igualdade, o impulso ao III Plan de Igualdade ou a creación dunha Escola de Empoderamento.

3º Eixe, propostas de implementación de políticas de saúde para as mulleres e garantía de dereitos sexuais e reprodutivos, onde se reflicte a preocupación de A Marea pola saúde das cidadás de Ferrol, en relación aos problemas e necesidades asociadas ás distintas etapas e momentos vitais das mulleres (sexualidade, embarazo, parto, post-parto, aborto, menopausia, enfermidades de transmisión sexual, cancro…). Unha preocupación que leva á Marea a propoñer a creación dun Observatorio Municipal da Saúde das Mulleres, que entre as súas funcións estaría a interlocución e coordinación co área sanitaria en todos estes temas, realizando un estudo de diagnose sobre a situación da saúde das mulleres, e elaborando propuestas para garantir os dereitos relacionados coa saúde.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …

Un comentario

  1. Creí que la Marea Ártabra finalmente no se iba a presentar, que se iba a presentar Izquierda Unida de forma independiente. Me acaba de sorprender mucho esta foto. Robarán votos al Bloque y al PSOE de los indignados.