«Ferrol será unha cidade feminista e socialista» (Beatriz sestayo)

PSOE-9-5A candidata socialista á Alcaldía de Ferrol, Beatriz Sestayo, centró o seu primeiro mitin desta campaña na Igualdade, cun acto celebrado este sábado no Centro Cultural Carvalho Calero que contou coa presenza da Secretaria Xeral dos socialistas galegos, Pilar Cancela, a secretaria de Igualdade Eva Martínez e a deputada e membro da lista electoral Paloma Rodríguez.

Ó inicio do acto lamentouse e condenouse o último e grave feito de violencia machista, acontecido en Ourense, e que tivo como consecuencia o falecemento dunha muller.

A Igualdade será precisamente un dos eixos da futura acción de goberno socialista en Ferrol e dependerá directamente de alcaldía, anunciou Sestayo, sendo unha área transversal que implique medidas en todas e cada unha das demais concellerías, para ter «un Ferrol que por fin vai ser de igualdade e de igualdade tamén de oportunidades, sen barreiras físicas nin psicolóxicas, sen estereotipos» e «por primeira vez cunha muller alcaldesa».

Na cidade, segundo lembrou Eva Martínez, se producen 709 casos de xénero ó día, sen que iso teña sido suficiente para que se cre un Xulgado de Violencia de Xénero.

«FERROL SERÁ UNHA CIDADE FEMINISTA E SOCIALISTA» 

Pero tras o 24 de maio Ferrol será unha «cidade feminista e socialista» que porá fin a catro anos de “agonía e esmorecemento», engadiu na súa intervención Sestayo, cun PP que a converteu na de máis desemprego, maior taxa de pobreza e maior emigración de toda Galicia, e na que Rey Varela creou unha «brecha indigna entre pobres e ricos». «Ferrol é unha cidade dobremente castigada, máis de 3.500 persoas colleron as maletas porque aquí non tiñan futuro, pero é tamén a de máis pobreza de Galicia, porque tivo un goberno que non se ocupou das persoas».

Fronte a isto, o 24 de maio haberá un «goberno socialista e exemplar», que devolverá á cidade todo o que o PP suprimiu, a Oficina de Dependencia, a de Inmigración, a de Inclusión Social, que impulsará medidas de igualdade a través da Casa da Muller e que loitará pola conciliación e a corresponsabilidade. “Por qué nos preguntan a nós cómo nos sentimos cando traballamos, porque non se lle preguntan iso ós homes, non pode ser, o que nós queremos é unha corresponsabilidade, entre homes e mulleres», avanzou.

«O PP quere decidir sobre todas e cada unha das pautas da nosa vida, cómo vestimos, se levamos ou non levamos saia, ou cando e como debemos parir, pero iso se ten que acabar», sentenciou Beatriz Sestayo, porque «o que hai que decidir é que é honrado e que non, quen son corruptos e quen non, quen fai políticas de igualdade para todos e todas ou quen fai políticas para levarse os cartos a Suiza».

«Pero nós faremos un Concello ó servizo dos cidadáns e non do alcalde, como alcaldesa estarei do voso lado, cada problema dos cidadáns será un problema da Alcaldía de Ferrol», avanzou Beatriz Sestayo.

A candidata comprometeu a recuperación de poboación mediante a creación de emprego, a través da Axencia Local de Emprego e Industria, e cunha política social activa fronte ó desprezo do PP. Ademais, se porá en marcha unha política fiscal pública e xusta, que «castigue ós especuladores, que en Ferrol os coñecemos todos con nomes e apelidos».

«CAMPAÑA DO PP A BASE DE CHEQUERA PARA COMPRAR VOTOS»

Será con medidas cun programa feito tras anos «pateando a rúa» e non a base de chequera como o do PP, denunciou Sestayo. O Partido Popular de Rey Varela «cree que pode compralo todo, está firmando convenios a última hora para comprar votos, con asociacións que incluso non saben que van facer cos cartos”, advertiu a candidata socialista.

«O PP cre que poderá compralo todo, pero á maioría desta cidade non nos pode comprar e nós lles ensinaremos o valor da palabra, da honradez e das urnas», e crearemos un «Ferrol dinámico, transparente, vivo, a pé de rúa e non pechado no seu despacho, e por primeira vez cunha alcaldesa».

RECORTES DE MÁIS DUN 50% EN IGUALDADE

A secretaria de organización do Partido Socialista de Galicia, Pilar Cancela, lembrou que os socialistas teñen «unha concepción transversal pola Igualdade» e que deste xeito se aplicaron medidas transversais, que afectaban tanto a educación como ó mundo laboral.

Sen embargo, denunciou, ó PP se limita a falar de programas, pero en realidade aplicou «recortes de máis de 50%, se non tes recursos non podes loitar cunha lacra que custa vidas, porque as mulleres morren e os seus fillos sufren».

«Menos palabrería, menos programa que non se cumpren e máis feitos, temos unha oportunidade, e agora temos dúas semanas para explicarlle á xente o que somos e o que queremos facer», insistiu Pilar Cancela, que destacou que «en Ferrol temos equipo e temos proxecto, e ó fronte deste equipo temos a unha muller, Beatriz Sestayo, que ten ensinado ó longo da súa traxectoria política, a súa capacidade de traballo e a súa entrega, o seu convencemento cos valores socialistas, e iso non se disimula, e ela ten iso e moito máis».

«Aquí onde naceu o noso fundador, Pablo Iglesias, Beatriz ti vas ser digna alcaldesa dunha cidade na que naceu o fundador do Partido Socialista, onde o PSOE se vai sentir tan orgulloso de ti que te vamos a arroupar, e estou convencida de que é tan sólido este proxecto e este equipo que Ferrol vai ter unha alcaldesa, e vai ser Beatriz Sestayo», concluiu.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …

Un comentario

  1. Una ciudad socialista al estilo maduro o al estilo castro. Y a los que no somos socialistas nos impondras ser socialista. Vete por ahí prepotente.