Encontro de Ivan Rivas con veciños de San Xurxo e Doniños

Foto BNG
Foto BNG

Iván Rivas, candidato do BNG-Asembleas Abertas a alcaldía de Ferrol visitou na tarde deste domingo, día 10, as parroquias de San Xurxo e Doniños onde mantivo un encontro con veciños e veciñas as que lles trasladou aposta por desenvolver medidas concretas que axuden a paliar o deficit de servizos básios cos que conta actualmete a zona rural de Ferrol e implementar medidas que axuden a desenvolver económicamente a zona e criar emprego.

Iván Rivas, candidato do BNG-Asembleas Abertas, explicou que pretende converter o val de Doniños, nun referente da agricultura ecolóxica. Indicou que se trata dunha zona de aproximadamente unhas 100Hs de terreos protexidos urbanísticamente polo seu valor natural e de proteccción da lagoa e na que non se poderían estabelecer ningun tipo de infrestructura como campings ou outro tipo de edificacións, por iso habería que darlle un aproveitamento resectusoso co medio ambiente pero capaz de criar emprego na zona a través da agricultura ecolóxica.

Pretendese desenvolver un proxecto, estabelecendo acordos cos propietarios deses terreos, mediante exencións no pago de impostos ou mediante acordos puntuais, para aqueles que estiveran dispostos a permitir a xestion municipal desas parcelas para poñelos a disposición desta iniciativa de agricultura ecolóxica, co fin de consolidar un proxecto que tería como fin a xeración e criación de emprego mediante a colaboración e a posta en marcha de coperativas que aproveitaran esta iniciativa de agricultura ecolóxica nun espazo de entidade como é o val de Doniños.

O BNG-Asembleas Abertas quere poñer fin as deficiencias de servizos básicos que ten a zona rural do concello para atender as necesidades dos veciños e veciñas da zona e contribuir a fixar a pobozación nestas zonas. Iván Rivas, indicou que é reciso abordar o saneamento do rural e lembrou que na maior parte da zona rural non existen beirarrúas, nin existe unha rede retransporte público que permita, en servizos e frecuencias, o que provoca que os veciños e veciñas da zona rural teñan unha merma importante nas súas posibilidades de mobilidade ao carecer deste servizo.

Apostou por desenvolver espazos habilitados para que se poidan facer percorridos peonís sen que iso supoña poñer en risco a seguridade.

O BNG-Asembleas Abertas quere poñer en valr e recuperar o patrimonio histórico e paisaxístico desta zona e pretende desenvolver unha serie de medidas co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o castro de Lobadiz, e recuperar Monteventoso do desleixo actual e acondicionalo como mirador aproveitando a perespectiva paisaxística singular que se pode observar desde alí.

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …