Iván Rivas promoverá un servizo de recollida de lixo que aposte pola compostaxe

ivan rivas-4-12Iván Rivas, candidato do BNG-Asembleas Abertas a alcaldía de Ferrol, participou esta tarde en sendos actos nos barrios de Santa Icia e Canido onde afirmou que promoverá «o desenvolvemento dun servizo de recollida de lixo, responsábel, tendente a redución do volume de lixo a tratar, encamiñandoo cara a compostaxe e que sexa capaz de xerar emprego na cidade».

«Desde o BNG aspiramos a rematar coa política de externalizacións de servizos que poderían ser perfectamente asumíbeis pola Administración Local e que ademais este tipo de contratos están a condicionar a política económica do concello e están pensados unicamente para beneficiar ás empresas concesionarias, en vez de estar pensandos nos veciños e veciñas da cidade e que, ao mesmo tempo, perxudican e promoven a destrucción de emprego nesta cidade ao basearse só en criterios economicistas», indicou o candidato nacionalista.

«Desde o BNG-Asembleas Abertas queremos implantar un modelo de recollida de lixo que aposte pola compostaxe como medida alternativa e que axude à redución dos custes económicos e medioambientais que supón o actual sistema de recollida e tratamento de lixo mediante a transferencia dos residuos á planta de Sogama. Canto máis lixo sexamos capaces de reciclar menos resíduos teremos que enviar à Sogama e se rducirá o custe económico que o Concello ten que pagar a Sogama e se reduciría o recibo que terian que pagar os veciños e veciñas de Ferrol», dixo Iván Rivas.

O BNG-Asembleas Abertas cre que non ten xustificación externalizar este tipo de servizos, «se temos en conta que os gastos fundamentais dos mesmos están vinculados ó personal, por iso consideramos que podería ser asumido tranquilamente pola Administración Local a prestación deste servizo, que ademais é de prestación obrigatoria polos concellos, co cal non ten sentido que se siga xestionando a través de empresas privadas» sigueu dicindo o candidato do BNG-Asambleas Abertas.

Asi mesmo, desde o BNG consideran importante pular pola compostaxe e a posta en marcha de medidas tendentes à elaboración de compost que podería ser utilizado, entre outras, nas iniciativas de agricultura ecolóxica ou hortos urbanos que se desenvolven na cidade.

APOSTA POLA RECUPERACIÓN DAS TRADICIÓNS CULTURAIS

En Canido, o candidato do BNG-Asembleas Abertas comprometeu o apoio decidido as iniciativas de impulso e recuperación das festas tradicionais, como é o caso dos maios, o samaín ou os magostos. Afirmou que desenvolverán unha política municipal que teña como un dos seus eixos básicos desenvolver con intensidade un plano destinado a coñecer, defender,protexer, valorar e gozar do noso patrimonio artístico, cultural e natural.

Asi mesmo, indicou que teñen previsto realizar un inventario de bens inmóbeis municipais, de propiedade doutras administracións e de propiedade privada  de valor histórico e arquitectónico, co compromiso de ubicar neles calquera nova necesidade de espazos para prestar servizos públicos municipais ou doutras administracións, coas rehabilitacións ou adaptacións que foren necesarias, antes de recorrer a novas construcións como a Casa do Patín,(na rua Atocha) en Canido, o chalet de Canido ou a Alfándega de Ferrol Vello.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …

Un comentario

  1. Bla, bla, bla… Ideas peregrinas y que cuestan una porrada de cuartos. ¿Por qué no dice de dónde saldría la pasta para pagar todo lo que promete?