Marea Ártabra mantivo un encontro na praza Rosalía de Castro

ferrol-marea artabra-12
Marea Ártabra propón en San Xoan, humanizar os barrios activando a autoestima colectiva, a participación na vida e decisións da cidade e reducindo a contaminación e o ruido.

Este martes, día 12, a Marea Ártabra fixo un encontro coa veciñanza no Barrio de San Xoan, na Praza de Rosalía de Castro.

Neste encontro presentáronse as proposta que a Marea Ártabra ten en cuestión de Participación Cidadá e humanización dos barrios e a súa actividade e para iso creen necesario recuperar o regulamento que según a Marea Ártabra, «o PP ten secuestrado nun caixón».

Chema Hernández, candidato a alcaldía, denunciou que «a especulación encargouse de ir reducindo os espazos de relación, substituíndo as zonas verdes por edificacións e o coche inundou a maior parte do espazo urbano, diminuíndo os usos e funcións do espazo público.»

Miguel Hernández, número 8 da candidatura, e veciño do barrio de San Xoan, quixo engadir que «dende Marea Ártabra cremos que é hora de cambiar esa tendencia incrementando e mellorando os espazos de relación humana, dotándoos de novos usos e funcións, así como optimizando os transportes públicos, promovendo a actividade cidadá, a economía de barrio, os contactos entre persoas, a autoestima colectiva, de paso que se diminúe o tráfico, a contaminación e o ruído.»

A Marea Ártabra cree que o inportante nesta campaña é estar dando voz á veciñanza que se achega ate os encontros nos diferentes Barrios da cidade e valoran moi positivamente as propostas que achegan as persoas que participan.

Lea también

Los Mupis de Ferrol promocionan la Semana Santa

El Ayuntamiento de Ferrol ha actualizado los mupis que dan la bienvenida a la ciudad …

5 comentarios

  1. Candela Gutiérrez

    Especulación, edificacións, secuestro… Puaj… El discurso comunista de siempre. Aburren hasta a las ovejas.

    • Ti si que aburres ás ovellas. Debes vivir ben, que non te preocupan estas cousas. Serás do 1 % privilexiado que se aproveita de nós, o 99 %
      A Marea Chega a Ferrol!!!!

      • Marea 0, BNG 0, FeC 4… e amplísima maioría para Rey Varela. Agora dirás que «todos están equivocados menos eu».

        • Según o que di a enquisa tes rezón. Fíaste dela? Eu non. É certo que o voto está dividido, culpa de intereses espirurios de algunhas persoas do aparato de Esquerda Unida e de Anova en Ferrol. As súas ambicións de poder trouxeron este escenario. En calquera caso, o voto útil é a gran falacia das campañas electorais. Eu non penso apoiar o «mal menor» que é Ferrol en Común có meu voto.

      • No OS hacen caso en ningún barrio ,pero de verdad no OS dais cuenta que vuestro discurso esta caduco y rancio , recordáis a los tiempos casposos de la dictadura, que pena