Villamar di que a Xunta discrimina a Narón

naron-villamar-13O candidato á Alcaldía de Narón polo Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas, Pablo Villamar, asegurou este mércores, día 13, nun acto público no local social de Freixeiro que a Xunta “estivo a marxinar a Narón ao longo deste mandato” e puxo como exemplo o caso do centro de saúde, que segue sen se concretar por parte da Administración autonómica malia haber un protocolo asinado do que recentemente se desmarcou a Xerencia do Sergas alegando diferenzas económicas. “Que a Xunta do PP incumpre as súas promesas con Narón é xa un clásico”, explicou, “o novidoso é que cada día que pasa as excusas para facelo son máis peregrinas”.

Villamar lembrou que a construción dun novo centro de saúde para unha poboación que medra cada ano é unha vella reivindicación e, nesa liña, subliñou que nos diferentes protocolos asinados o Concello de Narón cumpriu coa súa parte, que incluía non só a merca dos terreos e as expropiacións, senón tamén a súa cesión á Xunta e a dotación de partidas nos orzamentos municipais para principiar os proxectos e as obras. “O Concello si cumpriu coa súa parte”, destacou o candidato do BNG-AA, “mais non podemos dicir o mesmodo goberno galego”.

Para Pablo Villamar o centro de saúde é un caso máis do “ninguneo ao que o Partido Popular” vén sometendo ao Concello de Narón, actitude que se estende a outras institucións como a Deputación da Coruña, dixo, “que inviste menos neste concello do que o noutros municipios da súa mesma cor política”.

O candidato nacionalista precisou, porén, que, malia as cambadelas das institucións gobernadas polo PP, o Concello foi quen de pór nestes catro anos “orde no caos económico co que rematou o mandato 2007-2011” e, nese sentido, puxo como exemplo a redución da débeda nun 40%, axilización do pagamento a proveedores (hoxe son 22 días de media, menos do que esixe a lei) e a contención do gasto a través, por exemplo, dun maior control no consumo e contratación enerxética.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

2 comentarios

  1. Alberto Chousa

    En primer lugar: si el Concello cumpliese como hicieron las otras administraciones, otro gallo nos cantaría. En segundo lugar: si según el Sr. Villamar, el Concello cumplió, entonces refrenda la política de Terra Galega; es decir: son los mismos, lo que yo suponía.

  2. Manuel Requejo

    ¿Eso no lo dice Blanco también? ¿Pero este señor hace campaña por el BNG o por TEGA?