Ferrol en común demanda un Consorcio Metropolitano de Transporte Público

autobuses urbanosNa mañá deste xoves, día 14, é na praza de Galiza Ferrol en común  abordou unha cuestión, a do transporte público e a mobilidade, que «nos preocupaba particularmente porque coidamos que é unha das carencias históricas da cidade. Sempre queda, triste e sistemáticamente, marxinada nas políticas locais e coidamos que é clave e estratéxica para artellar a cidade e mellorar a calidade de vida dos veciños. Temos o transporte mais caro de Galicia, o menos práctico e no que menos cartos se invisten. A nosa proposta pasa por lograr, no mesmo conxunto,  menos coches, menor gasto individual e troques da eficiencia colectiva e aforrando o problema de aparcamento, reducindo emisións contaminantes no camiño cara unha urbe más peatonal e ciclista, amable e humana pola que agora non se pode, apenas, camiñar sen topar coas obras e os furanchos» sinalaron no transcurso da rolda de prensa.

«Como cabeceira de comarca e da ría, debera ser o nó do transporte entre concellos e punto de saída e chegada para coordinar Eume e Ortegal. Estamos a falar do bus urbano, do intermunicipal, do cercanías (casi inexistente) de Feve e do tren hacia A Coruña, esa odisea que semella un paseo ao século XIX para un traxecto de 50 kilómetros que resulta incomprensible, como o feito de que Ferrol quede fóra do Eixo Atlántico, pese o desleixo histórico de Fomento coa nosa cidade, última parada de todas as comunicacións imprescindible como a chegada da AP.9. Tivo que escachar a ponte de As Pías para meter a quinta marcha na construcción da autopista pola que toda a comarca agardaba facía anos e que é absolutamente clave para o pulo económico de calquera rexión. Tamén cómpre o retranqueo e soterramento de vías para empregalas como sendas verdes.

Coidamos que é preciso abordar, no seu conxunto e de forma integral, a redacción dun plan de mobilidade en consenso co movemento asociativo. Cómpre conectar barrios e municipios cunha líña de transporte urbana e intermunicipal de corte circular, implementar servicios e frecuencias, coordinar tren e bus nunha estación intermodal, e revertir a concesión urbana para suprimir o beneficio industrial da empresa concesionaria e redundar na sociedade.

Non hai, por poñer un exemplo, un bó servicio de comunicación co CHUF (Complexo Hospitalario) e Juan Cardona, por exemplo, tampouco para as zonas de praia na época estival. Tamén demandamos un bus que poida levar os traballadores os seus postos nos asteleiros e nos polígonos industriais de Río do Pozo e Vilar do Colo.»

Propostas programáticas en transporte e mobilidade:

1. Iniciar de inmediato conversas cos concellos metropolitanos de Ferrolterra para constituír xunto coa Xunta e outras administracións implicadas un Consorcio Metropolitano de Transporte Público.

Tal consorcio asumiría a xestión do servizo prestado pola empresa Tranvías de Ferrol S.A a partir do cumprimento rigoroso das previsións da planificación establecida para o transporte metropolitano de Ferrol e comarca modificando radicalmente as modificacións do convenio e de condicións do contrato -programa vixente en canto a redución das frecuencias e a supresión de liñas e paradas previstas.

2. Incremento da accesibilidade da poboación ao sistema de transporte público colectivo. ¿Cómo? mellora sustancial dos tempos de viaxe, frecuencias (atención especial a zona rural e a dispersión poboacional), liñas coordinación e ruta circular na ría: Ferrol-Narón-Neda-Fene-Ferrol.

3. Implementación dunha rede ortogonal para a trama urbana Ferrol-Narón que posibilite que ningún parte do territorio (barrios) quede sen comunicación.

4. Creación dun sistema tarifario integrado a partir dunha zonificación e tarxeta/billete únicos, e os pasos  cara a constitución dunha empresa pública de transporte de tal xeito que o servizo sexa por xestión directa e se preste atendendo a criterios de carácter social e sustentable, desbotando os aspectos economicistas que lastran o servizo público con xestión privada.

5. Supresión de barreiras a mobilidade e servicio de microbus de acceso ao centro -pasando zonas de caóticos bolardos- para os colectivos con discapacidade, persoas impedida físicamente por razóns de idade ou enfermidade.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …