Eventos para o domingo, día 17 de maio

Día das Letras Galegas

Feira mensual en Ferrol. Terceiro domingo do mes.

Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.
Día de Internet.
Día Internacional da Reciclaxe.
Día Mundial das Telecomunicacións e a Sociedade da Información.
Día Mundial da Hipertensión.
Día Internacional do Museo.

Santos Pascual Bailón, Pablo, Adrión e Heradio.

O sol sae ás 04.57 e ponse ás 19,26 (GMT)

A lúa sae ás 04.38 e ponse as 18,44 (GMT).

Tal día coma hoxe:

(1810)- Naceu en Ferrol Patricio Montojo y Albizú.Vicealmirante da Armada. En 1861 foi capitán do porto da Habana.

(1863) – Sae do prelo o libro Cantares Galegos, de Rosalía de Castro

(1963 )- Primeiro Día das Letras Galegas.

ACTIVIDADES DOS PARTIDOS POLÍTICOS

En Ferrol

Partido Popular

Ás 12.00 horas o candidato do PP á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado doutros membros da súa candidatura participarán nunha repartición informativa na Feira de Ferrol.

Ás 18.00 horas membros da candidatura de José Manuel Rey Varela  participarán nunha repartición informativa no Parque Raíña Sofía.

Ás 20.00 horas o candidato do PP á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado doutros membros da súa candidatura, participará nun encontro con veciños en Covas. (Asociación de Veciños de Covas).

Ás 21.00 horas o candidato do PP á Alcaldía de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado doutros membros da súa candidatura, participará nun encontro con veciños en Pazos.(Asociación de Veciños de Pazos).

PSdG-PSOE

Ás 10.30 h. A candidata socialista, Beatriz Sestayo, e os integrantes da súa lista electoral reparten información do seu programa en Santa Mariña.

Ás 11.30 h. Beatriz Sestayo e os membros da candidatura socialista ofrecen una rolda de prensa sobre Ferrol Vello, na Praza Vella.

Ás 13.00 h. A candidata socialista participa nun reparto informativo polo barrio de Ferrol Vello.

Ás 17.00 h. Beatriz Sestayo e os integrantes da súa lista electoral participan no Acto conmemorativo das Letras Galegas que se celebrará en Marmancón, organizado polas Asociacións de Veciños de Ferrol.

Ás 19.00 h.-Mitin de Beatriz Sestayo en Mandiá no local vecinal.

Ás 21.00 h. Mitin de Beatriz Sestayo en San Felipe no local da Asociación de Veciños.

BNG-Asembleas Abertas

Ás 12.00 horas. Os candidatos e candidatas da comarca participarán na concentración de Queremos Galego na Praza de do Cruceiro de Canido

Ás 19.00 horas. Acto na Praza Vella de Ferrol, cos candidatos Iván Rivas e Eva Espiñeira.

Marea Ártabra

Ás 10,30 horas. Marea Ártabra estará presente na Feira de Ferrol

Ás 12,00 horas. Marea Ártabra estará presente no acto do día das Letras Galegas organizado por Queremos Galego no Cruceiro de Canido.

Ás 13,30 horas. Marea Ártabra acudirá á Ruta do Pincho de Covas.

Ás 18.00  horas. Encontro coa veciñanza de Sta Mariña. Estarán presentes Xosé María Fontao (Presidente da AA.VV. de Sta Mariña), Xosé María Hernández e Fernando Armesto.

En Narón

Terra Galega

Ás 12.30 horas, no local social da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, mitin no que interveñen: Xosé Manuel Blanco, Guillermo Sánchez e Beatriz Couce.

Partido Popular

Ás 13.00 horas mitín no local social de Virxe do Mar. Interveñen:

Miguel De Santiago, candidato á alcaldía; Patricia Aneiros, número 4 da candidatura e Mercedes Fandiño.

Ás 17.30 horas mitín no local social do Couto. Interveñen:Miguel De Santiago, candidato á alcaldía; Jose Pita e Montserrat López.

Ás 19.00 horas mitín no local social de Doso. Interveñen:Miguel De Santiago, candidato á alcaldía; Aurora Pigueiras; e Xullo Santiago.

BNG-Asembleas Abertas

Ás13.00 horas: Acto no local social de San Xosé Obreiro. Falarán os candidatos Susana Luaces,Teri Sabio e Pablo Villamar

Ás 21.00 horas, Acto no local social de Xuvia. Falarán as candidatas Olaia Ledo, Eva Guerreiro e Pablo Villamar.

PSdG-PSOE

11.30 horas: Xornada deportiva-familiar na que Catalina García, cabeza de lista, e demáis membros da candidatura xogarán ao voleibol e brilé, entre outros, con todos aqueles que se acheguen á pista verde de Santa Icía.

Eleximos Narón

Mítines nolocal social de Sedes (11.30 horas); nolocal social de Castro (17.30 horas) e no local social de Freixeiro (20.00 horas)

En Fene

BNG-Asembleas Abertas

Ás 12.00 horas. Acto na Liga de Amigos de Barallobre (Fene). Falarán os candidatos Pepa López Pico, Justo M. Ardá e Juventino Trigo.

En Neda

BNG-Asembleas Abertas

Ás 13.00 horas. Acto na Casilla do Puntal. Falará a candidata Helena Pardo.

En Ares

BNG-Asembleas Abertas

Ás 10.30 horas, acto no adro da igrexa de Lubre. Falará o candidato, Emilio Mesías.

EVENTOS

10.00 h. Iniciase en Fene á II Carreira Popular 10 K “Concello de Fene”. A carreira comezará para a categoría absoluta, que cubrirán unha distancia de 10 kilómetros. A andaina arrancará cinco minutos despois, cunha distancia de 3,6 kilómetros; idéntica distancia para cadetes e xuvenís, que tomarán a saída ás 11,30 horas. Ás 11,50 horas faranno infantís e xuvenís e unha distancia de 1.800 metros. Os benxamíns faranno ás 12 horas e con 800 metros por diante;100 metros percorrerán os prebenxamíns a partires das 12,15 horas e, por último, os biberóns, ás 12,20 horas e oitenta metros.

Haberá agasallos para todos os participantes, unha camiseta conmemorativa, namentras que os biberóns e benxamíns recibirán tamén cadansúa medalla e, os tres primeiros clasificados na categoría absoluta, trofeos.

11.00 h. XII edición do Maratón de Lectura que se desenvolverá entre as 11 da mañá e as 6 da tarde no local social municipal de Piñeiros, Narón organizado pola S. Areosa. A partir das 18 horas actuará a Coral Areosa, con agasallo de libros aos nenos e nenas que participan nas actividades e rematará a festa cunha queimada para todos os presentes.

12.00 h. Concentración de Queremos Galego na Praza do Cruceiro de Canido.

17.30 h. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participa nos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas da Agrupación de Veciños da Zona Rural. (Local Social de Marmancón).

19.00 h. No Pazo da Cultura de Narón, «Onde está o mago Antón?. Acto de maxia, familiar e infantil »

 

Lea también

Agenda zona norte-3 de febrero 2024

—-Quedan 331 días para finalizar el año. —-Hoy se celebra el Día Internacional del Abogado …