O Día da Letras Galegas. Novo desprezo a Carvalho Calero

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

Desde o ano 1963, no que se cumpriu o centenario da publicación de “Cantares Gallegos”, tódolos 17 de Maio celébrase o Día das Letras Galegas, o primeiro deles dedicado a Rosalía de Castro. Nas 52 edicións celebradas ata de agora tan só tres mulleres atinxiron este galardón, mentres que ningún escritor da Terra e Mar de Ferrol foi nomeado para este Día. Tampouco nesta ocasión ten lugar un acto institucional do Concello que lembre este Día.

Este ano foi elixido Xosé Filgueira Valverde nunha controvertida decisión da Real Academia Galega. Aínda que non se poden negar o seu mérito como escritor e intelectual, e o prestixio da súa ampla obra, hai que falar do novo esquecemento do ferrolán Ricardo Carballo Calero, a pesares dos seus recoñecidos merecementos e da calidade dos seus abondosos traballos, bastante máis meritorios que os dalgúns premiados de obra escasa e pouco coñecida.

Alumno en Ferrol de Manuel Comellas, Carvalho Calero foi membro da Real Academia Gallega e do Instituto Padre Sarmiento, e profesor da Universidade de Santiago, da que foi o primeiro catedrático de Lingua e Literatura o ano 1965. A súa ampla obra literaria inclúe poesía, ensaio, crítica literaria, teatro e narración, colaborando en diversas publicacións, entre elas a emblemática revista Nos.

No eido da narrativa, a súa obra “A gente da Barreira” considérase a primeira novela publicada en galego despois da Guerra Civil. Coa súa prosa sobria e xenuína conta a realista historia dunha familia galega, ofrecendo un axustado cadro costumista do país. Máis tarde publicou “Scorpio”, para moitos a súa mellor obra, onde percorre o tempo histórico da guerra civil que lle tocou vivir, mesturando a ficción coa realidade.

Sen esquecer a súa abondosa obra poética abondosa, practicamente recompilada en catro volumes: “Pretérito imperfeito”, “Futuro condicional” “Cantigas de amigo e outros poemas” e  “Reticencias”, os seus traballos no eido da filoloxía, na súa dobre vertente de crítica literaria e de estudo da lingüística, foron de gran importancia. A súa monumental obra ¨Historia da Literatura Galega Contemporánea” mostra un crítico equilibrado e un erudito historiador de abondoso aparato documental, sendo recoñecida como obra imprescindible para o coñecemento da literatura galega.

Maior polémica espertou a súa obra e as súas teorías sobre a reintegración lingüística galego-portuguesa, en colisión co proceso oficial de normalización do idioma galego, mantendo unha postura discutible, pero lexítima. Non obstante, Ricardo Carballo, home integrador e xeneroso, mesmo durante anos de illamento, estivo sempre por riba dos polemistas dun e doutro signo.

Carvalho Calero non foi quen de ser nomeado para o galardón das Letras Galegas, nin con Xosé Ramón Barreiro nin con Méndez Ferrín ao fronte da Real Academia Galega, que segue a esquecer ao ferrolán. Xa que logo é o momento de que o incoherente presidente actual, Alonso Montero, por outra banda tan amigo de visitar esta cidade, sexa capaz de pronunciarse publicamente sobre as verdadeiras razóns deste desprezo.

O SALÓN DE PINTURA DA MULLER

Grande interese presentou o XXXIII Salón da Muller, unha exposición pictórica que se mostrou o último mes na sede de AFundación da ferrolá praza da Constitución. Medio centenar de obras, nun variado abano artístico que abrangue desde Cachita Núñez a Corín Cervera, ou desde Rosa Fernández Salanova a Jane Danko, amosa ao espectador as máis variadas tendencias da pintura actual. Tan só un pequeno reparo á devandita exposición: a carencia dun mínimo catálogo a dispor do visitante da mesma.

UNHA PUBLICACIÓN SOBRE RODOLFO UCHA

Tralo desprezo sufrido por quen isto escribe, pola parte de políticos e funcionarios do Concello de Ferrol no que atinxe á difusión de certa publicación que no seu día fixera sobre Rodolfo Ucha, cúmpreme dicir que José Rey Varela, Alcalde da cidade, tivo a deferencia e a elegancia de remitir ao autor unha unha serie de exemplares da devandita publicación.

Lea también

Neda celebra las XIX jornadas literarias poniendo el foco en «Trazos de Xapón»

«Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita” que reunirá los días 25, 26 y 27 a …

7 comentarios

  1. Eliseo Zaera Rios

    Nhoraboa Juan Burgoa, ao fin conseguiche uns exemplares da túa obra sobre Rodolfo Hucha…, todo é bó para a campaña electoral… Non faría ningún reproche si o todavía Alcalde tivera un xesto có ATENEO, a respeito do seu retido ou secuestrado PATRIMONIO CULTURAL ( QUE É DE TODOLOS/AS FERROLÁNS…). Que non se arrepinta de facelo…

    • Dpto. Técnico

      Con ruego de publicación:

      Amigo Eliseo: no suelo contestar a las críticas; es el precio lógico a pagar por escribir libremente. En este caso, como compañero de tertulia desde hace muchas lunas, voy a contestarte

      a. Cando censurei ao Concello por secuestrar o meu libro, estábamos en campaña electoral
      b. Cando agradezo que se me dea o que se me debe, estamos en campaña electoral

      Para min non hai campaña electoral que valla ou que me importe; a miña avanzada idade fai moitos anos que xa non practico a elegancia social de ir a votar. Escribo das cousas que pasan cando me peta, e non estou condicionado pola campaña electoral

      Un saúdo. Juan J. Burgoa»

  2. No sé porque dice que el nombramiento de Filgueira es un desprecio para Carballo Calero. Filgueira tiene mérito es más que suficientes para que se dedique este día …muchísimos más que muchos de los lya consagrados en este día. Y sus méritos son comparables a los de Carballo por no decir superiores…entendería que dijera lo del desprecio si el nominado fuera otro ..pero no en este caso.

  3. José González Collado

    Nunca comprendí por que se mezclan la Churras con la Merinas.-Creo que al hombre se le debe medir por la obra que deja, no por sus ideas políticas y la dedicación del dia de las letras Gallegas a Filgueira Valverde me parece muy bien y honra a Galicia.- Aparte también se debe tener en cuenta a Carballo Calero que tiene suficientes meritos para que se le dedique otro año.-También creo que Ferrol nunca tubo fuerza( ni vivas ni muertas )para saber defender las causas de los Ferrolanos, ni siquiera la causa Naval y llevamos 30 años sufriendo los desprecios de los¨¨partidos políticos¨que nos gobernaron

  4. Felisa Gutierrez

    Nunca llueve al gusto de todos.
    Decirles….que el Día de las Letras,se celebra una vez al año.!Y..si no ha sido éste,el próximo puede ser el de Carballo Calero.

  5. Benedicto Espinosa

    Burgoa ten tanto coñecemento sobre Carvalho Calero como interese na súa obra e no propio idioma: ningún.

  6. Benedicto Espinosa

    Penso comprobar esa afirmación de que non vai votar. Estráñame ben!