«Non foi o BNG o que aprobou a suba do saneamento» (Pablo Villamar)

naron-bng-Mitin O Alto-17O candidato do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas de Narón, Pablo Villamar, asegurou este domingo, día 17, nos actos públicos do Alto e de Xuvia que «non foi o BNG o que aprobou que foran as veciñas e os veciños da zona urbana de Narón quen asumisen os custes das obras do saneamento”. Villamar lembrou que a construcción desta infraestrutura é clave para o municipio, mais explicou que é una obra de interese xeral (así foi declarada en 1997) e que, polo tanto, lle corresponde ao Estado o seu financiamento íntegro. «Nós votamos en contra de que sexa a veciñanza de Narón a que a partir do vindeiro ano se faga cargo do custo do saneamento; outros non poden dicir o mesmo».

O cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas puxo o saneamento como un exemplo da falacia na que vive instalado o Partido Popular, que nos últimos tempos vén acusando ao BNG e ao goberno municipal de Narón de subiren os impostos e as taxas. «Dino os que subiron o IVE, o IRPF e tamén o IBI, por máis que se empeñen en negalo». Así, Villamar lembrou que foi o goberno central o que en 2008 aprobou a revisión catastral que provocou unha incremento no valor dos inmobles, principalmente os de natureza urbana, e que logo foi o Goberno de Mariano Rajoy o que «en canto chegou á Moncloa a finais de 2011 aprobou un decreto que obrigaba, nunha actitude nidiamente inxerencista, aos Concellos a aumentar os coeficientes».

O candidato nacionalista, que defendeu a actuación do BNG no goberno local nestes tres anos e medio últimos, cargou tamén contra as «forzas políticas de fóra que queren dicirnos como temos que facer, como temos que pensar e como temos que ser» e animou á cidadanía de Narón a apoiar o vindeiro domingo a candidatura do Bloque Nacionalista Galego para poder dar continuidade ás políticas de protección social e de racionalización do gasto que ao longo deste mandato desenvolveu canda a concelleira Teresa Sabio.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …