«Narón non necesita un médico, necesita un centro de saude» (Guillermo Sánchez)

(Mitin en Pedroso)
(Mitin en Pedroso)

Terra Galega celebrou este domingo, día 17, en Narón mitins nas parroquias de Pedroso e San Xiao.

O local da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña, de Pedroso, acolleu a primeira das sesións, que comezou ás 12.30 horas e na que participaron, ademais do candidato á Alcaldía por TEGA, José Manuel Blanco, o secretario xeral do partido, Guillermo Sánchez Fojo, e dúas integrantes da candidatura pola parroquia, Beatriz Couce e María Díaz. As candidatas destacaron a traxectoria de 36 años de traballo do equipo do que forman parte e tamén incidiron na necesidade de que Narón continúe avanzando e non dea pasos atrás “nin para coller impulso”, como sinalou María Díaz.

O secretario xeral de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, aludiu ao apoio que a parroquia de Pedroso deu sempre ao partido nos comicios locais. Sánchez Fojo defendeu o traballo realizado durante o último mandato polo cuatripartito naronés e incidiu na importancia do traballo conxunto cos veciños e veciñas. “Cando hai un problema podedes chamarnos porque en Narón non nos escondemos nin hai que pedir audiencia para falar cos concelleiros”, asegurou. Denunciou tamén Sánchez Fojo as prácticas caciquís das políticas do PP, referíndose ao reparto das axudas en administracións supramunicipais como a Deputación da Coruña, e criticou que fose precisamente o candidato do PP á Alcaldía local, Miguel de Santiago, unha das persoas que apoiaron co seu voto esas políticas, en detrimento dos veciños e veciñas de Narón. As últimas palabras da intervención de Sánchez Fojo foron para o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que onte dixo na localidade que Narón “necesita un médico porque está enfermo”. “O que nos fai falta é un centro de saúde”, subliñou o secretario xeral de TEGA, que denunciou que o compromiso adquirido pola Xunta no 2007 aínda non se materializou.

Pola súa parte, o candidato de Terra Galega, José Manuel Blanco, explicou aos asistentes que está pendiente a ampliación da rede de alcantarillado na zona da Portela, unha intervención que depende da Xunta –da incorporación dos remanentes necesarios para facer a obra- e que continuará por terreos de San Sadurniño.

Blanco comprometeu en Pedroso o mantemento do apoio á Sociedade A Pombiña e tamén o inicio dos traballos de recuperación da reitoral de Pedroso, cuxo contrato de obras se licitará proximamente por 361.000 euros e que será unha realidade grazas as xestións e á presión realizada polo equipo de Terra Galega na Deputación da Coruña. Con cargo a esta partida as instalacións serán un centro de dinamización da parroquia, tal e como indicou o candidato de TEGA.

Finalmente, Blanco destacou o papel que xogaron no deseño do que hoxe é Narón persoas como José Lombao –exconcelleiro presente no acto de hoxe en Pedroso- e recordou as dificultades atravesadas cando no ano 1985 se fixo o Plan de Urbanismo cuxa revisión, tal e como explicou, está pendiente da aprobación definitiva da Lei do Solo de Galicia por parte da Xunta.

En San Xiao

No segundo dos mitins da xornada deste domingo, en San Xiao, acompañou a Blanco e Sánchez Fojo a número dous da candidatura, Marián Ferreiro, que destacou o traballo realizado na parroquia e tamén os proxectos de futuro que impulsa Terra Galega. Tanto Sánchez Fojo como Blanco valoraron o papel que xogou sempre Marián Ferreiro no partido, implicándose no proxecto desde o primeiro día que formou parte das Xuventudes da formación.

O candidato de TEGA subliñou que “San Xiao vai ter unha representación fundamental no vindeiro mandato municipal da man de Marián Ferreiro, que é unha persoa moi vencellada ao partido”. Recordou Blanco que a candidata traballa desde hai anos como persoal de confianza na área administrativa e incidiu en que “é a miña man dereita e esquerda e no futuro terá esa mesma forza como concelleira dentro do grupo de goberno de Narón”.

En referencia ás obras realizadas en San Xiao, Blanco explicou que nos últimos catro anos se invertiron case 300.000 euros, que permitiron executar varias actuacións do Plan de Obras e Servizos e un parque infantil e outro biosaudable. Entre as xestións máis relevantes apuntou o candidato de TEGA ao proxecto que permitirá habilitar unha senda peonil que discurrirá paralela á estrada da Deputación, valorada en 110.000 euros. Os terreos necesarios para a obra, que se executará tralo asfaltado do vial, están a disposición da Deputación desde hai máis dun mes, tal e como indicou Blanco, que instou á administración provincial a rematar a tan necesaria e demandada ampliación deste vial.

O candidato de TEGA falou tamén en San Xiao dos avances nas obras do saneamento e incidiu en que está pendente o servizo para as vivendas localizadas entre A Verruga e O Salgueiral.

Para finalizar o acto Blanco aludiu tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. “En realidade está facendo a nosa campaña, porque vai por aí dicindo que non hai que mover nada, que é mellor seguir como estamos, polo que en Narón debe manterse o goberno Terra Galega”, apuntou. Blanco pediu o voto para TEGA o vindeiro 24 de maio e animou aos veciños a acudir a votar porque o futuro de Narón decidirase nas urnas, que son as que realmente dirán quen vai estar á fronte do Concello os vindeiros catro anos.

 

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

13 comentarios

  1. Sí que hace falta, el que no supisteis gestionar en 7 años. Mejor que vengan otros a ver si son capaces. Estos ya está claro que no.

    • Por eso el Servizo Galego de Saúde reconoció que Narón tenía hecho TODO el trabajo que le correspondía. ¿Qué hizo el candidato del PP para agilizar el inicio de las obras? ¿Cuántas veces se interesaron por el tema él o el parlamentario autonómico Hipólito FAriñas en los cuatro últimos años en la Xunta, que es de quien depende la obra? No se puede estar en política solo para cobrar y no hacer nada por los veciños, máxime cuando De Santiago firmó hace varios años un documento del Sergas urgiendo esas obras…
      Capaces ya se ve que son sí… De sentarse y cobrar, porque lo que es decir gestionar… Dicen que el que tiene que gestionar es el alcalde, ellos no… Ir a su silla y cobrar…

      • Gato acaba de afirmar que el lo dejó todo listo para que Blanco hubiese cedido los terrenos y pagado que también había dinero. Pero Blanco NO QUERÍA hacer el centro de salud porque era un proyecto DE GATO. Así que a otro perro con ese hueso.

        • NARONÉS DE PURA CEPA

          ESO NO ES DEL TODO CIERTO. GATO HABLA MUCHO POR DESPECHO, PERO TAMPOCO ES NINGUNA EMINENCIA, NI NINGÚN SER EXCEPCIONAL, QUE DIGAMOS .
          EL CENTRO DE SALUD PODRÍA ESTAR FIRMADO Y LICITADO, PERO LOS SEÑORITOS DE LA XUNTA (PP Y FERROL) QUERÍAN PARA SÍ EL ACTUAL CENTRO DE SALUD DE NARÓN Y NO A CAMBIO DE MENOS MINUTA. A LO QUE EL SEÑOR BLANCO SE NEGÓ ROTUNDAMENTE, COMO ES LÓGICO. ES UN EDIFICIO ANEXO AL AYUNTAMIENTO Y DEBE SER DE TITULARIDAD MUNICIPAL.
          ESA ES LA REALIDAD DEL CENTRO DE SALUD.

        • Gato lo que no se da cuenta es de que ya no gobierna y ahora parece el supuesto asesor del PP de Narón, que pactó con él y rompió el pacto a los dos años de gobierno porque la situación se volvió insostenible. En las últimas municipales se presentó (en segundo plano político y primero de cartelería) con Converxencia Galega y solo sacó un concejal. Su etapa política en Narón está cerrada, como así demostraron los vecinos y vecinas apoyando mayoritariamente a sus excompañeros de TEGA, que nunca reprocharon nada al exalcalde que ahora, a una semana de las elecciones sale a criticar un trabajo más duro que el realizado en su época, cuando se ingresaban cientos de millones de pesetas por licencias de obra, fondos estatales, europeos, etc etc. Esa es la diferencia real y habría que ver si el gobernaría hoy o se habría ido ya de la política en tiempos de crisis…
          Si tan bueno es, cómo no lo llevan en sus listas? o de candidato?

        • El proyecto era de la Xunta, no de Blanco ni de Gato, que es quien construye los centros de salud en Galicia. Y por cierto, el candidato del PP firmó un documento del Sergas en 2007 creo recordar en el que reconocía la urgencia, pero ya debió de pasar esa necesidad..

  2. ë vergonzante q

  3. é vergonzante que narón siga nas mans destes caciques, pagando comelladas cos noso impostos, facendo publicidade cos nosos impostos, usando a web do concello como si fora deles, facendo festas xitanas, e máis triste decíndolle o servizo de limpeza que arranque os papeis dos adversarios políticos

    • E iso dilo ti ou ten algunha base? Porque é moi sinxelo falar e ver a palla no ollo alleo..

      • narones indignado

        Roger, ten en cuenta que luz es uno de esos estómagos agradecidos, no te merece ni la pena entrar en discusiones de este tipo.

  4. Luz, Luz, se nota que eres de tga, pero no de Gato, Jajaja la verdad hace daño, que razon tes narones indignado, barrigas agradecidas, os queda poco para saltar de vuestras poltronas