Marea Ártabra celebrou o acto xeral de campaña no centro cívico de Caranza

ferrol-marea artabra-21
O Acto Xeral de Campaña de Marea Ártabra en Ferrol transcurriu no Centro Cívico de Caranza. A partir das 19.00 horas deste xoves, día 21, a xente achegouse a escoitar e participar, descubrindo que ao escenario non ia subir ninguén, senon que as persoas que ian falar, eran cidadáns e cidadás coma elas, no cartel non estaba a cara dunha estrela mediática da política estatal ou Galega, só cidadanía con ganas de participar, crear e transformar Ferrol.

Tomou a palabra inicialmente Chema Hernández falou da proposta da Marea de «desenvolver Plans Especiais Comunitarios, un en cada barrio da cidade (14 en total), como produto dun proceso participativo no que a veciñanza de cada barrio teña posibilidade de decidir» … «un dos obxectivos primordiais de Marea Ártabra é facer unha cidade máis accesible, cómoda e sostible, para a cidadanía ferrolá». «Recuperaremos  e poremos a funcionar a participación cidadá, porque a cidadanía, os veciños e veciñas desta cidade queren decidir donde invertir os seus cartos».

Lupe Ces que comentou a vergoña que lle produxo «escoitar onte ao Alcalde de Ferrol nunha entrevista de televisión e como foi incapaz de contestar á pregunta realizada por unha das colaboradoras habituais do programa sobre a diversificación industrial de Ferrol». Indicou Lupe que Rey Varela foi incapaz de falar de algo máis que non tivera relación co sector naval. “Deberia leer o noso programa” comentou Lupe, un programa cheo de ideas de cara á consecución de emprego estable na nosa cidade, algo tan sinxelo como remunicipalizar os servizos públicos, crear unha cociña centralizada para dar servizo aos comedores escolares e senior con productos cosechados ou pescados en Ferrol tiraría do emprego e do autoemprego.

Durante todo o acto, sucedéronse varias intervención nas que se lembraron propostas como a do parque para o Sanchez Aguilera, a defensa dos Mercados de Barrio e o pequeno comercio e a negativa rotunda ante a apertura dun novo centro comercial mais porque «son buratos negros nos que metemos os nosos cartos e as grandes multinacionais os levan a paraisos fiscais».

Fernando Ramos, lembrou parte do «Plan de Choque para o Emprego» que esa mesma mañá presentaran ante os medios e no que a Marea explica que apoia ao Naval e á creación de industrias que teñen relación directa con ese sector pero tamén aposta decididamente por actividades económicas que teñen que ver co pulo do sector primario e cunha produción ecolóxica, de calidade e autóctona; co sector turístico e dentro deste, cun turismo cultural e de coñecemento e respecto ao entorno natural; coa rehabilitación dos edificios públicos e privados; coa investigación e o desenvolvemento, impulsando un campus de Ferrol con especial atención a ensinanzas de tipo industrial e técnico -sen “desmerecer” en absoluto ás referidas a ciencias sociais e humanidades. Ademais, Marea Ártabra potenciará e apoiará que a actividade económica vaia adquirindoformas de propiedade social e cooperativa.

Foi un acto moi participativo, como ven sendo en todos os encontros que leva feito a Marea durante toda a campaña no que a xente pode participar preguntando, propoñendo ou falando.

Lea también

Sogama estará presente en Equiocio 2022 mediante el patrocinio del programa de obradoiros “Reciclaxe creativa”

Sogama, que vino colaborando con Equiocio durante los últimos años, estará presente en la nueva …

Un comentario

  1. Lupe Ces, cando non puido mangonear Anova foise para a Marea Artabra con toda a súa familia