A escultura do Pepé. A excultura do Ferrol en Común

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-TIRANDO A DAR

FALEMOS DE ESCULTURA

No século XVIII creouse en Ferrol a primeira alameda pública galega, un nexo de unión dos barrios da cidade. O século XIX configurouse o Cantón Baixo, unha zona axardinada con loureiros, moreiras e outras especies; a Alameda de Suances, cara a Ferrol Vello, bordeada de frondosos plátanos; os Xardíns das Angustias, indo cara a Esteiro; e, na zona máis céntrica, o Cantón de Molíns, que a memoria popular chamou Paseo das Delicias, hoxe sombreado polos perennes magnolios e os tileiros prateados.

Estase a rehabilitar e poñer en valor os Cantóns ferroláns. Por mor diso colocouse no chan unha extravagante estatua de bronce do compañeiro José Canalejas. Dada a desastrosa sinalización actual do Camiño Inglés, que precisamente circula a carón da nova estatua, poderían vestila estatua de peregrino como fixeron en Bruselas, xusto cando estiven alí fai poucas datas, a monumento máis coñecido da capital belga, o Manneken Pis.

BURGOA-30 A
Seguimos coas estatuas. A nova coñerada do Concello ferrolán é unha arrepiante estatua do Marqués da Ensenada, que semella vestido de lagarterana. Situada nos xardíns de San Francisco e tamén colocada no chan, a estatua do compañeiro Zenón de Somadevilla ten un rechamante colorido, axeitado para un cadro de época pero nada apropiado nunha representación escultórica. O autor é o mesmo das Dúas Marías situada na Alameda de Santiago, mentres que o de Canalejas é o mesmo que fixo a estatua de Ermelinda na praza de Ares.

BURGOA 30-B

FALEMOS DE EX CULTURA

Lendo na prensa o programa político do grupo Ferrol en Común, vexo o apartado 7. Cultura. Lingua galega e o apartado 16. Benestar Animal. Facendo a comparación de contidos entre ambos apartados o primeiro que se pode ver é que se dedican 30 ringleiras a Cultura e 55 ringleiras a Benestar Animal, con dobre extensión e contido que o apartado de Cultura.

Unha segunda observación é que o programa de Cultura de grupo Ferrol en Común tan só expresa baleiras declaracións de intencións e non fala para nada de  «O Camiño Inglés», «O Museo da Cidade», «O Patrimonio da Humanidade», «O Castelo de San Felipe», «O Modernismo», «O urbanismo Ilustrado», «As Pepitas», «A Semana Santa», «A Festa de San Xoán», «A Parrocheira», «Os Maios de Canido», «A cultura da construción naval», «O Patrimonio Industrial», «O Cristo da Tahona», «A Universidade», «O Museo de Historia Natural» e as demais sinais de identidade cultural da cidade.

Nin tan sequera faise unha pequena referencia ao papel das Asociacións Culturais de Ferrol, desde o Toxos e Froles e Medulio ata a SAF e a Filármónica. Soamente unha referencia reivindicativa cara aos problemas do Ateneo Ferrolán, para o que, como socio do mesmo, apoio que se poda chegar a unha solución xusta e intelixente.

Ollando o programa do grupo Ferrol en Común, que aspira a gobernar a cidade, no que atinxe ao seu aspecto cultural me produce unha mísera impresión. Como dixo en certa ocasión meu filósofo de cabeceira, Marx (Groucho, por suposto): «A partires da pobreza alcanzaremos as máis altas coutas da miseria».

Lea también

Sabores ártabros-Un cocido en tres horas y cuarenta minutos, más o menos

José Perales Garat Pues ya llegó el frío, sí… ¡Vaya si llegó!: Por una serie …