O concello lembra a Rosalía no 130 cabodano do seu pasamento

O Concello de Ferrol rendiulle homenaxe a Rosalía de Castro, no 130 aniversario da súa morte, o 15 de xullo de 1885. Foi un acto breve e sinxelo coa colocación dunha ofrenda floral na praza Rosalía, do barrio de San Xoán. Asistieron os concelleiros de Cultura e Normalización Lingüística, Jesús Basterrechea e Álvaro Montes, ademais de dos representantes do grupo popular, Verónica Casal e Xosé Tomé que foron convidados a sumarse xunto ao resto de formacións municipais.

Tras a ofrenda floral tomou a palabra o edil de Cultura, Suso Basterrechea, que indicou que ”Tal día como hoxe, un 15 de xullo de 1885, morría una das voces mais fermosas en todos os sentidos na nosa terra, Rosalía de Castro. Unha muller na vangarda, cun talento inconmensurable á que hoxe rendimos un modesto homenaxe  con esta ofrenda floral aos pes da estatua , no nome de toda a corporación municipal de Ferrol.

Coidamos que é hora de poner a cultura, o noso legado, no seu sitio. Visibilizar o que estivo soterrado”.

Pola súa parte, e rematando o acto, o edil Álvaro Montes tras resaltar o valor da figura de Rosalía “unha muller galega e loitadora, símbolo da nosa cultura e da nosa língua” recitou un poema de Manuel Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro.

CURROS A ROSALIA

“ Do mar pola orela

Mireina pasar,

Na frente unha estrela,

No bico un cantar.

E vina tan soia

Na noite sin fín,

¡qué inda recei pola probe da tola

Eu, que non teño quen rece por min!.

A musa dos pobos

Que vin pasar eu,

Comesta dos lobos,

Comesta se veu…

Os ósos son dela

Que vades gardar.

¡Ai, dos que levan na fente unha estrela!

¡Ai dos que levan no bico un cantar!.

Lea también

El presentador de “Órbita Laika”, Eduardo Sáenz de Cabezón, imparte una conferencia en Ferrol

La conferencia “Á nosa imaxe e semellanza. Unha viaxe ao cerebro da máquina” invitado por la Cátedra …

5 comentarios

  1. Decirlle a o sr alcalde e mais a o sr alvaro montes que pareceme moi ben que se acorden da gran rosalia pero que tamen se acorden dos vecinos de dita praza que q teñen bastante abandoada

    • Este alcalde lleva 40 días. Si la plaza de Rosalía está abandonada será por culpa de tu Gobierno Anterior del Partido Popular, al que te cansaste de defender en este y en otros foros. Ajo y Agua

      • empezan a sair a luz os defensores dos descamisaos , levan un mes e mira a que montaron , recordo fai catro anos que cando perderon os teus, a semana estaban reclamando o amaño do callao que eles mesmos deisaran totalmente destrozado , agora toca a o reves , ajo y agua

  2. A xente pasando fame e o goberno local gastando os cartos en coroas florais, asesores sen contrato e visitas institucionais ao centro cívico de Canido (pagado por todos) con «pinchada» incluida. Vivir para ver.

  3. Es la primera vez que los CUATRO de la foto acuden a un acto de homenaje a Rosalía Castro ( Hay hemerotecas que lo atestiguan) , repito: LOS CUATRO