Valentín Formoso elixido presidente da Deputación Provincial

diputacion-nuevo presidente

Valentín González Formoso foi elixido este xoves, 16, presidente da Deputación da Coruña cos 18 votos que suman os Grupos do PSdeG-PSOE (8 deputados), BNG (5), Marea Atlántica (3), Compostela Aberta (1) e Alternativa dos Veciños (1), fronte aos trece votos obtidos por Diego Calvo, o candidato do Partido Popular, na sesión extraordinaria de constitución da nova Corporación.

Tras as intervencións dos portavoces dos seis grupos políticos con representación na Cámara, González Formoso pronunciou o seu discurso de investidura, no que apostou por “facer das deputacións administracións modernas e eficientes, transparentes e resolutivas e, sobre todo, útiles aos cidadáns”.

Entendo que non debemos ver á Deputación como algo distinto aos concellos, senón como os propios concellos traballando xuntos, colaborando solidariamente, para levar á práctica o vello axioma que di que a unión fai a forza”, apuntou o presidente provincial que pediu aos novos membros da Corporación “ampliar a nosa visión estrictamente local ao eido provincial” para actuar “globalmente, obxectivamente, estratéxicamente e solidariamente, sendo conscientes de que, facendóo así, o todo provincial será máis que a suma dos 93 municipios que o integran”.

González Formoso anunciou tamén a aplicación de novas fórmulas para “mellorar a colaboración e cooperación intermunicipal” neste mandato, como a creación dunha Mesa de Diálogo cos concellos para recoller as propostas e suxestións dos municipios con respecto á planificación dos diferentes plans de investimento e intercambiar experencias de xestión municipal dos 93 concellos coruñeses.

No seu discurso de toma de posesión, González Formoso estableceu como prioridades e obxectivos do mandato que hoxe comeza “seguir cooperando con todos os concellos, atendendo especialmente aos municipios con menor capacidade económica ou de xestión”, promover e coordinar novos programas e accións de carácter intermunicipal que favorezan a colaboración e o traballo en rede “ e permitan aproveitar as sinerxias comarcais en asuntos como os servizos sociais, a cultura ou as accións de promoción económica”, facer da transparencia “bandeira” da xestión do goberno provincial e manter o investimento social, que se incrementará cada ano con respecto ao anterior.

O novo presidente da Deputación da Coruña subliñou tamén que “dende o goberno provincial queremos implicarnos no que segue a ser o principal problema para os cidadáns, un problema que hoxe sofren os 90.200 coruñeses e coruñesas que engrosan as listas do paro”, polo que, ademáis de manter as accións e plans que a institución desenvolve nesta área,  comprometeuse a implementar novas accións para coordinar mellor as diferentes actuacións de formación, fomento do emprego e apoio a emprendedores. “Queremos que os sectores produtivos, dentro das limitacións competenciais que temos, sintan o apoio desta institución provincial, que debe fomentar as súas potencialidades”, apuntou.

Para lograr estes obxectivos, Valentín González Formoso apelou ao “entendemento” e ao “diálogo” entre os grupos políticos que integran a nova corporación.  “Reiterarei as veces que sexa preciso esta posición de man tendida, de disposición permamente ao consenso e ao acordo, como se ten feito sempre nesta Deputación e sempre con bós resultados”, dixo.

Ao longo da historia, todo progreso parteu sempre do espírito crítico, da ambición de mellorar ou cambiar o establecido, pero non hai progreso sin esforzo”, afirmou, polo que instou aos membros da corporación a “traballar todos xuntos para superalos” e comprometeuse a traballar para que todos e cada un dos 93 municipios desta provincia “se sintan non só representados, senón parte activa e fundamental desta Deputación”.

Lea también

Desarticulado un grupo dedicado al robo de herramientas en la Costa da Morte

El arresto de los tres individuos que formaban parte del grupo, dos hombres y una …