Os abusos das terrazas ou privatización do espazo público

burgoa-211114jjburgoa@hotmail.com-tirando a dar

Hoxe en día, e máis coa chegada do bo tempo, é maior o número de terrazas colocadas nas rúas das cidades. O que comezou sendo un recurso para facer máis agradable e estanza aos usuarios das cafeterías e bares, está a rematar nunha abusiva utilización do espazo público, dificultando o paso dos peóns e xerando ruídos, malos olores e mesmo sucidade.

En Ferrol súmase a todo isto o aumento exaxerado de rúas peonís causando verdadeiros problemas aos usuarios do automóbil, sexan veciños da cidade ou visitantes da mesma. Deste xeito, e pola falta de control municipal, chegou o abuso dos establecementos de hostalería situando de forma incontrolada as terrazas en prazas e rúas, colocando veladores, xardineiras, bocois, toldos, parasoles, estruturas metálicas e de madeira, mamparas e cortaventos,

Esta abusiva privatización dos espazos públicos, nalgunhas ocasións chegando a instalar barbacoas e churrasquerías, é un feito que mesmo aumentou coa nova Corporación municipal. Mentres tanto algúns hostaleiros da cidade fachendean de ter  inventado as Terrazas Alpendre e as Terrazas Galpón.

burgoa-25-a

Un caso paradigmático é o abuso cometido na Praza de Amboage, a única praza dina dese nome no casco histórico ferrolán, que ten ocupada case a metade da súa superficie polas terrazas de cinco cafeterías, ocupando o 75% do seu perímetro, taponando a escalinata de entrada desde a rúa Real e impedindo o uso e disfrute por parte dos cidadáns da maioría dos bancos públicos.

Nalgúns lugares as terrazas chegan a taponar os pasos de cebra, caso da rúa do Sol, e noutras ocasións ocupan bastante máis da metade do ancho da rúa, caso da rúa Dolores. En todo caso, apenas permiten o tránsito de peóns e crean un escenario indesexable para a convivencia urbana,  dificultando, e incluso impedindo o paso dos vehículos de servizos de urxencia: ambulancias, bombeiros ou policía.

burgoa-25-b

Mentres Ferrol se vai despoboando de xente, o novo Concello privatiza máis rúas. A todo o anteriormente exposto se suma o problema das interminables obras e dos continuos cambios de dirección que sofren as rúas de Ferrol, orixinando un caótico escenario para a errática circulación e o imposible aparcamento.

burgoa-25-c

                                   Rúas de Ferrol: a desolación prevista polo profeta

                                         Solución: menos rúas peonís e máis peóns

Lea también

Aguas Atlánticas

Julia Mª Dopico Vale “Atlantic Waters” es el título del nuevo disco que acaba de …

2 comentarios

  1. jesus luaces (@jluaces)

    Todovía es peor si cabe
    – Engañaron a los hosteleros diciendo que ganaban mas dinero, lo cual no es cierto, salvo en algún caso muy concreto, todo la gente que se queda en la terraza iría al interior y tal vez más. Los interiores suelen estar vacios o bien el interior y exterior.
    – No hay peatones y dicen que los hay. Claro algún día señalado, pero no habitualmente.
    – Caunta gente deja de ir a tomar algo por no poder aparcar cerca. Es complejo decir esto porque los coches son algo antiguo y no se puede hablar sobre el tema.
    – Con las calles no es necesario cumplir el diseño original, con el resto si. No se puede modificar nada sin permisos y proyectos, las terrazas si.
    – Hay lugares que es imposible llegar. No saben llegar ni la abulancia, ni la policia y mucho menos un ciudadano.
    – Etc.

  2. Por no hablar de los ilegales chiringuitos para fumadores que han instalado adosados y cerrados a las entradas de las cafeterías y que obligan a los clientes a respirar los malos humos cada vez que entran o salen del establecimiento. ¿Donde está la policía local que no los denuncia de oficio como es su obligación?