O alcalde de Ferrol di que non é un día de festa nin de celebración a botadura do flotel

jorge-suarez-280815O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, manifestou este venres que a súa presenza na botadura do flotel de Pemex en Navantia corresponde ao respaldo que o Goberno local quere facer ao cadro de persoal dos estaleiros da ría, que son o motor da economía local e lonxe dos fastos suntuosos que aparentan pola proximidade dos comicios xerais.

“Como alcalde de Ferrol acudo a botadura en respaldo os traballadores e traballadoras de Navantia que o fixeron. Teño que dicir que hoxe non é ningún día de festa nin de celebración”, subliñou Suárez.

“O que fai falla para Navantia non son actos suntuosos e espectaculares. Fai falla un plan estratéxico de futuro. Fan falla buques de gran porte e non promesas que nunca se cumpren polo desleixo que se está a ter con estes estaleiros como parece que con todo o público”, manifestou.

O rexedor fixo memoria para lembrar que o buque que sería botado en Ferrol foi anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en setembro do 2012, na precampaña das eleccións autonómicas, aínda que tardou ano e medio en concretarse na firma con Pemex, na que se anunciaron “moitísimos barcos” que non chegaron as gradas de Vigo.

«Curiosamente, dixo o rexedor, o primeiro corte de chapa foi en maio do 2014, en vésperas das eleccións europeas e a súa botadura se produce a poucos meses das próximos comicios xerais. Eses tantos centos de postos de traballo que dixeron quedaron reducidos a 300/400 e 600 en momentos puntuais da construción con pouca participación do cadro directo”, apuntou.

O primeiro edil denunciou que se o inicio dos traballos foi ralentizado deliberadamente con dilación na entrega do material, agora parece que interesa que o flotel se bote antes en Navantia que en Barreras cando xa están aí as eleccións xerais”. Para logralo, a empresa principal, que depende do Goberno central a través da SEPI, marcou “xornadas maratonianas na fin de semana para as empresas auxiliares nunha clara explotación aos traballadores aos que pagaban 11 euros por hora”.

Lea también

Dos años de Navantia Seanergies: 10 contratos para elementos de eólica marina por 550M€

Navantia Seanergies, la división de energías verdes de Navantia, ha cumplido su segundo año habiendo …