Entregáronse os 5 primeiros premios da campaña «Comercio de Narón en Nadal e sempre»

naron-sorteo-14-12O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o edil de Promoción Económica, Pablo Villamar, participaron este luns no acto de entrega dos cinco primeiros premios da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre». A sala de prensa acolleu a cita, na que recibiron un carro de compra valorado en máis de 100 euros: Mercedes Gómez, Ramón Castro, Ana María Carballo e María del Carmen López, coas papeletas que hai uns días depositaron nos establecementos Lola Modas, Peluquería Marina Sueiras, Enmarcaciones Prado e Ferretería O Metro, respectivamente. Así mesmo, Loli Montero gañou unha cesta con produtos de Nadal valorada en máis de 150 euros ao resultar premiada a súa papeleta, depositada na urna do establecemento Froitas Améndoa.

Villamar valorou o éxito desta campaña de promoción do comercio local e destacou a elevada participación na mesma, tanto de establecementos como de clientela, recordando que á entrega de premios de hoxe sumaránse outras tres de carros e cestas de Nadal e tamén de dous vales de compra de 500 euros cada un e outros dous por importe de 300 euros cada un deles ata o remate desta campaña, o 4 de xaneiro. Pola súa banda, o alcalde naronés agradeceu novamente a participación de establecementos e da veciñanza e felicitou ás persoas premiadas neste primeiro sorteo, ao tempo que animou á veciñanza a apostar polo comercio local, do que destacou a súa calidade.

O vindeiro sorteo terá lugar o día 21 de decembro, xornada na que se entregarán cinco carros de compra e outra cesta aos gañadores do segundo sorteo desta campaña.

Lea también

Últimos días para inscribirse en Narón no curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT”

Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, …