En marcha a XXXIII carreira popular San Xiao. Celebrarase o día 10 de xaneiro

 

(Fot. Galicia Ártabra)
(Fot. Galicia Ártabra)

Ferrol acollerá o domingo 10 de xaneiro unha das citas deportivas con máis arraigo na cidade como é a «XXXIII Carreira Popular San Xiao”, que este ano percorrerá o interior do Arsenal militar, o barrio de Esteiro e o casco urbano da Magdalena nun itinerario de 10 quilómetros, con inscrición gratuíta.

O concelleiro de Deportes, Bruno Díaz, presentou na mañá deste mércores en rolda de prensa a Carreira Popular de San Xiao, para a que está aberto o prazo de inscrición até as 22:00 horas do día 6 de xaneiro, a través da páxina web www.championchipnorte.com. A inscrición é de balde.

Bruno Díaz animou a todos os cidadáns a sumarse a esta iniciativa deportiva que conta cun percorrido de só 10 quilómetros, alcanzable «a paso miúdo”, e nunha xornada de «domingo idónea para encher a cidade e para perder os quilos de máis collidos nestas datas de Nadal”, ironizou. O concelleiro aproveitou para agradecer a colaboración de todos os patrocinadores, así como da Armada, que permite aos cidadáns percorrer nesta carreira o interior do Arsenal militar.

INICIARASE NO PAVILLÓN DE ESTEIRO

A carreira popular iniciarase no Pavillón de Esteiro ás 10:30 horas para as categorías absolutas. Dende este punto, continuará pola estrada de Circunvalación, accedendo pola porta do dique ao Arsenal militar para saír na praza de Ferrol Vello, dende onde os atletas seguirán pola Costa de Mella ata a praza de España para, tras percorrer o centro da Magdalena, finalizar de novo en Esteiro.

A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 8 e o sábado 9, de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas, no Pavillón polideportivo de A Malata así como o domingo 10 de setembro, dende as 8:00 ata as 9:30 horas no Pavillón de Esteiro. O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.

A entrega de trofeos terá lugar ás 13:00 horas. Serán premiados con trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría das absolutas e escolareS

Categorías masculinas e femininas

Xuvenil mulleres e homes nados nos anos 1999 e 2000
Júnior mulleres e homes Nados nos anos 1997 e 1998
Promesa mulleres e homes Nados nos anos 1994, 1995 e 1996
Nados en 1993 até aqueles con 35 anos feitos o día da proba
Veterano 1 de 1976 a 1981
Veterano 2 de 1975 a 1967
Veterano 3 de 1966 a 1957
Veterano 4 de 1956 a 1901
Cadeira de rodas
Handbike
Discapacitados visuais.

CATEGORÍAS ESCOLARES

A  XXXIII Carreira Popular Xan Xiao é tamén unha proba do XVI Circuíto Ferrolán de Carreiras Populares e Campo a Través, evento que forma parte do Programa Xogade, polo que, de cara á participación e puntuación no citado circuíto, será requisito indispensableinscribir aos nenos no programa www.deporteescolargalego.com

 Categorías masculinas e femininas:

Benxamín nados/as nos anos 2007 e 2008
Alevín nados/as nos anos 2005 e 2006
Infantil nados/as nos anos 2003 e 2004
Cadete nados/as nos anos 2001 e 2002
As distancias a percorrer por categoría serán as seguintes:

Cadetes masculino / feminino: 4.000 mts aprox.
Infantil masculino/ feminino: 2.000 mts aprox.
Alevín masculino/ feminino: 2.000 mts aprox.
Benxamín masculino/ feminino: 1.000 mts aprox.
Na categoría escolar, son de aplicación as Bases do XV Circuíto Ferrolán de Carreiras Populares e de Campo a través (esta proba está incluída dentro do circuíto). Por este motivo, para participar nesta proba, a inscrición deberase realizar a través da web da delegación www.fgatletismo.es/ferrol, o máis tarde, o mércores anterior á carreira.

No caso dos colexios, ademais de efectuar a inscrición de cada un dos participantes, deberase remitir un listado por categoría e sexo de todos os participantes de cada centro, que deberá estar asinado polo Director/a de cada centro, ao Negociado de Deportes do Concello de Ferrol o máis tarde, o mércores anterior á xornada.

CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE

As cadeiras deberan ter un minino de 2 rodas grandes e 1 pequena. Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, posto que non están deseñadas para a actividade de atletismo. Neste caso, os deportistas téñense que asegurar que ningunha parte dos seus membros inferiores toca o chan durante a carreira.

Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán casco obrigatoriamente durante toda a carreira.

No caso dos deportistas con discapacidade visual, deberán obrigatoriamente participar cun guía, que se identificará cun peto de cor brillante facilitado pola organización.

Na Carreira Popular colabora a Deputación da Coruña, o Arsenal Militar de Ferrol, o Club Ciclista de Ferrol, o Club Tríatlon Ferrol, a Delegación ferrolá de Atletismo, Cruz Vermella, Protección Civil, Coca-Cola, Gadis e HDV.

En canto á seguridade, a comitiva da carreira contará coa presenza da Policía Local e Protección Civil, voluntarios do Club Ciclista e dúas ambulancias.

Lea también

El Náutico de Narón busca el título de las Ligas Nacionales de Duatlón

Este fin de semana, la ciudad de Soria se prepara para acoger la última jornada …