O BNG de Ares pide ao goberno que retome as ordenanzas de saneamento e abastecemento

bng-logo-destacadaO BNG de Ares ha denunciado que a partir deste ano fáise efectiva a ordenanza de saneamento relativa á EDAR. «Unha ordenanza que non estivo exenta de polémica na súa tramitación, aprobación e modificación por parte do Goberno PSOE-NAL e SON». Os nacionalistas entenden que o proceso «foi mal parido desde o principio e que o malestar da xente víase vir».

Según o voceiro da formación nacionalista, Emilio Mesías, «as consecuencias de facer un corta-pega de ordenanzas de outros concellos ten como resultado que non sexan coherentes os tramos de abastecemento e saneamento sobre os que se calcula o importe final e que non se teña en conta a realidade do Concello de Ares». Lembrou, ademáis «que o BNG prantexou desde o primeiro a aplicación doutros parámetros adaptados á realidade de Ares; atopándonos sempre coa negativa do goberno municipal».

No caso das vivendas que non teñen conexión á rede pública para o abastecemento o impacto é todavía maior, según manifestan. O BNG denuncia tamén as queixas que lle chegan por parte dalgúns veciños e veciñas ás que lle resulta engorrosa e pouco clarificador a notificación que enviou estes dias o concello ao respecto de bonificacións e exencións e pide a ampliación do prazo para solicitalas; toda vez que «na comunicación falábase de que remataba o dia 8 de Xaneiro, cando as cartas chegaron aos domicilios nunha data posterior».

Finalmente, o BNG fixo mención á «nefasta política económica do goberno municipal que, en troques de apostar pola reducción de gastos para non seguir aumentando a débeda, o que fai é repercutir a mesma nos petos da veciñanza, aumentando -como no presente caso- a presión fiscal sobre as familias do concello», lamentou o voceiro.

Lea también

Ares acada o epicentro de Atenas no marco do proxecto europeo ‘Sporural’

A concelleira de Deportes de Ares, Alma Barrón, e membros do equipo técnico deportivo e …