Celebracións musicais en honra a San Vicente patrón de Camouco, en Ares

camouco-san vicenteChega o San Vicente e, un ano máis, a Agrupación Instrutiva de Caamouco vai celebrar por todo o alto o patrón da parroquia.

A sociedade volve apostar pola exitosa fórmula dos últimos anos, na que se multiplica a oferta para chegar a un público diverso, poñendo o foco na xente nova. Para a mocidade está ideada a primeira xornada dos festexos, cunha noite rock na que se pretende fomentar a participación dos máis novos e se impliquen na vida asociativa de Caamouco. Agárdase que, como na edición de 2015, centos de persoas visiten as instalacións.

O domingo a Agrupación aposta por unha fórmula aberta a un público amplo, coa actuación dunha numerosa escola de música grazas á que a Sociedade agarda encher o seu centro social.

Programa

– Sábado,  (23.30 horas): Noite de rock coas actuacións de Abreatrás e Skyhooks.

Abreatrás é unha banda de Ferrol que versiona a grupos rock míticos dos anos 80 e 90.

Skyhooks nace nas pistas de baloncesto dos barrios de Ferrol. Identifícanse como unha «basket roll band» porque enchen de cancións todas as canchas nas que xogan coas súas guitarras.

– Domingo,  (18 horas): Tarde de música popular coa actuación dos grupos da Escola de Música Charamela de Pontedeume. En total participarán máis de medio cento de músicos, repartidos nun grupo de coro e guitarras, un cuarteto de corda, unha orquestra de corda e unha banda.

Charamela comezou a súa andaina en 1990 en Pontedeume co obxectivo de que a música chegara a todos os públicos. A día de hoxe a escola conta con ducias de alumnos e alumnas.

Lea también

La formación en suelo pélvico y su gestión para prevenir patologías llega a Ortigueira en mayo

Tendrá lugar el viernes 24 en el Local Social de San Adrián de Veiga y …