O BNG insta ao goberno de Suárez a modificar o Plan Especial do Sánchez Aguilera

ivan rivas 21-7

Dende o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, logo de escoitar as explicacións do alcalde da cidade na Comisión de urbanismo celebrada esta mañá sobre o futuro do convenio do Ministerio de Defensa, censuraron que as intencións do goberno local «non contemplan a modificación do Plan Especial do Sánchez Aguilera, que se manteñan os usos previstos neste documento, e só pretende redefinir o plan de reparcelación».

O BNG lembrou desta maneira que a problemática do plan especial do Sánchez Aguilera «non é que a propiedade sexa de Defensa, senón a distribución do volume e usos como planificar máis de 250 vivendas novas nunha cidade con máis do 20% de vivendas baleiras ou un grande volume construído no centro dese espazo para albergar usos comerciais», destacando que «para modificar os usos é imprescindíble mudar o plan especial non o plan de reparcelación.

«Lamentamos que despois de sete meses o goberno local non avanzou propostas concretas, así mesmo, o goberno local veu de Madrid sen ningún acordo concreto e limítase a expresar valoracións con respecto dun suposto compromiso verbal. Dende o BNG temos que destacar que os prazos legais son os que están refelexados no convenio do PP e aos que o Ministerio de Defensa pode recurrir en calquera momento», .

O BNG afirma así que «o goberno local recoñece que o proxecto de reparcelación non vai estar aprobado nos prazos estabelecidos polo que considera que se debería solicitar a devolución do 120.000€ pagados polo concello e que non supuxeron a adquisición, por parte do concello, de ningún dereito sobre estas propiedades», lamentaron dende o BNG.

«Instamos ao goberno local a esixir formalmente ao Ministerio de Defensa e ao resto de administracións con propiedades abandonadas no Concello de Ferrol que atendan as súas obrigas de conservación dos inmobles e parcelas da súa propiedade que permanecen no máis absoluto abandono do mesmo xeito que se lles esixe aos particulares mediante a correspondente ITE e ordes de execución».

Lea también

Psoe Ferrol «hai fórmulas para a estabilidade económica de Emafesa sen subirlle o recibo aos veciños»

O grupo municipal socialista cree que «hai outras formulas para conseguir a estabilidade económica de …