Reunión do BNG coa Plataforma Veciñal pola estrada Ares-Chanteiro

reunion ares-chanteiro 7-2

Unha representación do BNG, representado polo deputado provincial, Xesús Soto, e o portavoz municipal, Emilio Mesías reuníuse con representantes da Plataforma Veciñal, esta mañá en Cervás, que fora creada hai agora dous anos, para demandar da Deputación que levase a efecto con carácter urxente as obras de ampliación da estrada Ares-Chanteiro, «unha reivindicación veciñal que data de finais do pasado século» sinalou Soto, quen trasladaou á representación da Plataforma todas as xestións que se fixeron desde a súa área para acelerar ao máximo o proceso de contratación das obras que permitisen o comezo urxente desta primeira fase.

O deputado provincial do BNG fixo mención ao elevado número de empresas que participaron na licitación -29- e a necesidade de cotexar todos os datos que verificasen o cumprimento do prego de condicións ralentizaron o proceso, que nesta semana quedou definitivamente pechado coa adxudicación á empresa CONSTRUCCIÓNS J. MAURI E HIJOS. S.L nun orzamento de 773,846 euros; cunha baixa do 36,39%.

Pola súa parte, Emilio Mesías afirmou que «houbo quen tentou vender a pel antes de cazar o oso», en referencia a unhas declaracións do alcalde de Ares o pasado 29 de Xaneiro nas que anunciaba de que a obra estaba definitivamente adxudicada «cando aínda o pasado dia 3 desde o Servizo de Contratación da Deputación estábase pendente dun informe que concretase se a empresa cumpría co prego de condicións, nomeadamente no referido aos medios a empregar para a execución da obra».

O portavoz municipal do BNG manifestou que «non é de recibo que a máxima autoridade do concello actúe con esta falta de rigor, tentando agora patrimonializar a concrección dunha obra que, como é de dominio público, vaise facer realidade mercede á presión veciñal e á reivindicación que sempre fixo o BNG desde finais do pasado século, tanto no concello como na Deputación».

Precisamente, á vista do comezo das obras, o portavoz municipal do BNG, Emilio Mesías, fixo fincapé na «necesidade de que a Plataforma exerza unha labor de fiscalización e seguimento das obras; porque sabemos que estes procesos sempre derivan en lóxicas problemáticas coas persoas afectadas»; comprometéndose como organización a facilitar toda a información e apoio preciso para conseguir «que se cumpra esta reivindicación histórica nas mellores condicións técnicas e cos menores prexuizos á veciñanza».

Lea también

Decomisados en Mugardos 167 kilos de vieira y los utensilios empleados para extraerlos ilegalmente

La Patrulla de Protección de la Naturaleza (Paprona) de la Guardia Civil en colaboración con …

Un comentario

  1. Bueno pois parece ser que as cousas van polo seu camiño. Boa plataforma, polo que se ve máis efectiva que a Asociación de veciños de Chanteiro. Por que será…….?