O BNG de Narón insta a Sanidade a dar pasos claros na construción do centro de saúde

pablo villamar-23

O portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón, Pablo Villamar, expresou esta mañá a súa satisfacción pola intención do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, de desbloquear a construción do novo centro de saúde de Narón, «sempre que non quede nun mero anuncio electoralista». Villamar saíu así ao paso das declaracións do voceiro municipal do Partido Popular, Marcos López Balado, logo da reunión mantida co conselleiro na que se interesou por unha infraestrutura sanitaria fundamental para un municipio que xa ten 40.000 habitantes.

Pablo Villamar lembrou que a veciñanza de Narón «leva moitos anos agardando a que Sanidade execute este proxecto que está sobre a mesa desde o ano 2008, cando Concello e Consellería de Sanidade asinaran un protocolo de colaboración para construír o centro de saúde en terreos municipais. Estes puxéronse a disposición da Consellería a comezos de 2012, logo de que o pleno de decembro de 2011 aprobase a proposta de cesión da parcela, de máis de 6.100 metros cadrados de superficie», explicou Villamar.

O concelleiro do BNG sinalou que o Concello «cumpriu coa súa parte, pór logo da súa compra, eses terreos a disposición da Consellería e asumir unha parte do seu custe, mais iso non foi suficiente para asinar o protocolo definitivo».

De feito, Pablo Villamar lembrou que na última reunión mantida co director xeral do Sergas, este último comprometérase a ter redactado o proxecto ténico antes do 30 de xuño de 2016, «un prazo que agardamos que se cumpra», manifestou, «así como agardamos que se faga efectiva tamén a sinatura do novo protocolo que estableza definitivamente as condicións económicas das partes implicadas na construción do novo centro de saúde».

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

5 comentarios

  1. Se dejó firmado por el Alcalde, Xoan Gato. Dejó en la alcaldía a su concejal de urbanismo (en la época de la burbuja) y este debería conocer lo que es una cesión de terrenos, para lo cual tiene que ser el titular en el registro de la propiedad y para ello haberlos comprado, pagado y escriturado a nombre del Ayuntamiento. La otra parte tenía que pagar un dinero para quedarse con el Centro de Salud antiguo.

    No hizo ninguna de las 2 cosas, venció el protocolo y luego de vencer sin cumplir, pedía la firma de otro protocolo.

    Desde el año 2008 hasta hoy el Alcalde de Narón ha persistido en su propia incapacidad para llegar a un acuerdo con cualquier administración ya sea local, autonómica o nacional.

  2. Villamar debería de instar a su alcalde, no a la Xunta.

  3. Si non fose por a seridade da necesidade de es Cento de Saude novo …. isto seria un cachondeo , primeiro fixeron campaña con isto Tega , fai xa 8 anos e nistas ultimas tamen e agora aprobeita tamen isto o PP , xa esta ben de rir da veciñanza , a 4 meses das eleccions Autonomicas tratan de » amañar » un acordo que rechazaron fai 10 meses o PP galego e o Sergas manexado por PPeros , ainda pra rematar o teatro Pablo Villamar ó de facenda municipal vailalles o seu son , e de coña , cando chegen a acordos xa non esta o PP gobernando na Xunta , iso esta claro e volta a empezar de novo , jajaja e o conto de nunca acabar , mentras os veciños seguen creendo en » ratoncito perez » anda xa!! Co conto a outros , xa non cola .

  4. Pues los del PP ya te hiceron más que él.