Onde está o importante

MIGUEL ANXOMiguel Anjo González García

As derradeiras eleccións municipais deron os governos municipais tanto nosso concello como em todo estado espanhol a unha serie de forzas as cales, se auto denominaron como a nova esquerda, a esquerda rupturista ou auto definiron se como o novo xeito de fazer política, Em algúns concellos, os governos como o de Ferrol, necesitaron do apoio de as forzas tradicionais, a os cales, estes conglomerados de partidos tambén denominaban a “CASTA” ,sexa o caso do PSOE,

Con sua chegada ao poder significou no caso de Ferrol, que em moitos faladoiros de radios, artigos de opinión nos principais diarios da cidade, conversas nos bares ou nos centros de traballos entre outros lugares, o tema principal destes faladoiros fose que o alcalde, nom puxese o traxe e vestise em camisa, dando lle em na maioría dos casos um apoio e ponhendo em valor, estes novos modos da nova esquerda

Fai uns meses puidemos comprobar primeiro nas redes sociais e logo na prensa as fotos do alcalde con o concelleiro de cultura fumando na bañeira do concello, para as cales, moitos de nos, nom atopamos o motivo, nim o de fumar dentro da bañeira, nim a sua saída á luz publica xa que, seguramente nas súas casas, ningún dos dous ten por costume meterse nas súas respectivas bañeiras a fumar. Quizás sexa este un dos xeitos de fazer a nova política

Máis nestes derradeiros días vivimos na cidade un novo feito como foi o anuncio da retirada do busto do vello rei de Espanha de unha das xanelas do concello. Um busto que seguramente a gran maioría de nós desconhecía da súa existencia e para o cal, o alcalde entre os varios motivos que da para a súa retirada,  un deles é a súa ideoloxía, dando a entender, se nom o dixo, que el é republicano

Pois ben sería bom que o nosso alcalde ademais de aplicar a súa ideoloxía nestes temas( xeito de vestir, transgredir as normas ou o tema da monarquía o cal, moitas pessoas apoian e seguramente darían lle os parabéns ao alcalde, se este se animase e retirase tambén a de Felipe VI  da sala de plenos) a aplicase fundamentalmente en temas que si  que lle afectan a cidadanía e que ademais, fan que vivamos en unha sociedade xusta e equitativa, como por exemplo, o pago dos impostos pola propiedade dos inmobles que ten no seu poder a igrexa católica nesta cidade , un feito que o único que fai é que hoxe em día aínda haxa unha serie de xente e grupos, que teñen os mesmos privilexios que tiñan na idade media ademais, de ser grupos de poder que em moitos casos están a fazer unha forte oposición em temas tan fundamentais, como son as liberdades individuais (por exemplo liberdades sexuais, reprodutivas ect..)e tambén em liberdades colectivas. Fai unhas semanas coñecíase a nova de que, a igrexa católica inviste catro veces máis en ese canal de TV chamado 13TV, que en Cáritas e isto, o está a fazer com os cartos que lle da o governo é dizer TODOS NOS.

Tambén sería desexável que o nosso alcalde, aplicase a súa ideoloxia no tema do convenio de defensa. Un convenio totalmente lesivo pra a nossa cidade xa que, vai supoñer em moitos casos adquirir propiedades em estado calamitoso por parte dun concello o cal, nom teñe cartos pra fazer nada em elas. Ademais a famosa parcela do Sánchez Aguilera, vai supoñer um embolso pra defensa de varios millóns de euros que sairán, das 260 vivendas e o centro comercial o cal, vaise fazer em detrimento da nossa cidade( unha comarca saturada de centros comerciais e vivendas baleiras produto da constante perdida de poboación) mentres que, os gastos van correr por parte do concello. Sería bo que o alcalde anulase o convenio firmado polo PP(A casta), esixise a defensa a devolución dos 140000 euros que o sr Rey Varela entregou num acto de total prepotencia, xa que, foi a menos de un ano das eleccións e ao mesmo tempo tambén esixise ao Ministerio de Defensa, que pague o IVI polas propiedades que están desafetadas (caso do Sánchez Aguilera) entre outras, como todo fillo de vecinho que ten unha propiedade, que obrigue a Defensa a rehabilitar as edificacións que ten em propiedade, como obriga ao cidadán de a pé que ten no seu poder calquera tipo de inmoble, os cales na maioría dos casos están en estado ruinoso, moitos deles, com figuras de protección de patrimonio,o cal, obriga dobremente a sua rehabilitación por parte do ministerio de defensa

Esto exposto anteriormente é o que realmente define a chamada nova maneira de fazer política Políticas que axudan a vivir nunha sociedade mais xusta i equitativa  onde, os cidadáns teñen dereitos  nom privilexios e nom simples actos puramente superficiais e propagandísticos.

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …