O Pazo da Cultura de Narón acolle a obra «Nosa Señora das Nubes»

A compañía Teatro do Morcego estreará este sábado no Pazo da Cultura de Narón a obra Nosa Señora das Nubes, unha comedia para adultos dirixida por Celso Parada, un dos actores do elenco xunto con Josi Lage, Mundo Villalustres e Pablo Costas.

A representación comezará ás 20 horas e o prezo das entradas é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos), desempregados e menores de 14 anos.

A poesía e o humor son unha constante nesta peza, cuxo autor é Arístides Vargas e que centra as historias na lonxana patria de Nosa Señora das Nubes. Dous personaxes expatriados que se atopan, Óscar e Bruno, describen as súas vivencias anos atrás no que foi o seu pobo, alterándoas con outras máis actuais e facendo reflexionar aos espectadores sobre o exilio e os desprazados no mundo.

As persoas interesadas en reservar as súas entradas poden facelo chamando ao número de teléfono 981 102 897 ou a través do correo electrónico: taquilla.pazo.@naron.es.

Lea también

Xavier Alcalá e Manel Cráneo presentan en Ares a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o venres 19 de abril, ás 19:30 …