Avanzan os trámites para a adaptación do PXOM de Moeche á nova lei do Solo

moeche-concelloA secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas mantivo un encontro coa alcaldesa Moeche, Beatriz Bascoy Maceiras, para tratar a adaptación do PXOM en tramitación á nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

O encontro, ao que tamén asistiu o equipo redactor do documento, contou coa asistencia dos técnicos das dúas administracións e serviu para e verificar os últimos avances incorporados no documento trala aprobación inicial do 11 de abril de 2014

Encarnación Rivas trasladoulle á rexedora municipal que o PXOM, ao contar con aprobación inicial, manterá a tramitación acadada ata o momento conforme á LOUG, adaptando a partires de agora o procedemento pendente ás determinacións da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

Neste senso, a alcaldesa apuntou que o concello xa rematou o estudo e análise das alegacións presentadas durante a exposición pública do PXOM. O vindeiro paso consistirá na incorporación ao documento, tanto das alegacións aceptadas como das resultas dos informes sectoriais (estradas, infraestruturas, patrimonio e augas) achegados co fin de proceder á aprobación provisional do PXOM, e remitilo á Xunta para a aprobación definitiva a principios do vindeiro ano 2017.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico  a este documento que planificará o desenvolvemento do concello da comarca de Ferrolterra nos vindeiros 12 anos, para o cal concedeu axudas por importe de 150.000 euros.

A entrada en vigor do PXOM porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende outubro de 1996, hai 20 anos.

 

 

Lea también

“Xullo, mes da Patria” arrinca co concento de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Fene

Co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre arrinca o ciclo “Xullo, mes da …