Os grupos da oposición de Mugardos solicitan información sobre mellora da AC-133

AC-133 Mugardos /Os grupos de EU-Os verdes-Son, Iniciativa Cidadá de Mugardos, BNG-Asembleas Abertas e PSdeG-PSOE de Mugardos veñen de solicitar a convocatoria extraordinaria e urxente da Comisión Informativa de Urbanismo, Industria, Patrimonio e Medioambiente.

O motivo da solicitude é obter puntual información sobre o estado do proxecto de mellora da AC-133, á altura da Fontegrande. No día de hoxe o Diario Oficial de Galicia fixo públicas as modificacións deste proxecto, sen que en ningún momento, desde a presentación das alegacións, os membros da oposición tivesemos información de nada sobre este asunto, malia as reiteradas cuestións que vimos formulando desde entón nas sucesivas comisións ordinarias de Urbanismo e no Pleno de Febreiro.

Os solicitantes sinalan no seu escrito  que «tódolos avances no proxecto déronse de costas á oposición. Malia que no anuncio que publica hoxe o DOG se recolle unha nova modificación froito das alegacións presentadas polo Concello, en ningún momento se nos informou das valoracións que a Axencia Galega de Infraestruturas fixo do conxunto delas. Mentres que nos medios de comunicación comezaron a coñecerse detalles das resolucións xa o 21 de febreiro, publicándose incluso planos do proxecto o 24 de febreiro, a oposición non recibiu información oficial de absolutamente ningunha destas cuestións».

Lea también

Cocina, manualidades, cestería, risoterapia y baile, las propuestas de Ortigueira para sus tardes creativas

Las cinco actividades arrancan a partir de este lunes con 18 sesiones totales a la …