O alcalde de Narón aclara ao PP que o gasto pola «crise da auga» foi menor a 6.000 euros

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, saíu ao paso das declaracións realizadas polo portavoz do PP naronés sobre a posibilidade de compensar á veciñanza pola crise da auga rexistrada do 16 ao 18 de xullo do pasado ano e que se prolongou durante 72 horas.

O alcalde lamentou de novo «a terxiversación dos populares dos datos económicos», «algo que non sorprende a estas alturas porque é unha práctica habitual do Partido Popular, como xa demostrou ultimamente cos datos do déficit e coas cifras de desemprego no Estado, entre outros».

Blanco refiriuse aos datos técnicos manexados pola empresa mixta municipal Cosma, adxudicataria do servizo de abastecemento e saneamento na localidade, «sendo a cantidade a devolver aos veciños de Narón menos de 6.000 euros para os aproximadamente 17.900 clientes da empresa na actualidade». «Trátase dunha cifra moi alonxada dos 44.000 euros calculados polos populares naroneses», recalcou o rexedor local.

Así mesmo, o alcalde recordou que «xa se lles explicou aos representantes do PP o motivo polo que se votou contra a moción presentada sobre a aplicación dunha compensación económica á veciñanza polos cortes no subministro. A negativa responde ao feito de que continuamos á espera de que a Valedora do Pobo conteste ao escrito enviado a mediados do pasado mes de marzo desde o Concello», aclarou o rexidor naronés. Xunto co documento adxuntouse unha copia dun informe emitido por Cosma sobre a postura da compañía sobre o tema das compensacións.

En canto ás medidas adoitadas desde o goberno local debido a esta situación, entre outras, Blanco recordou que «a prohibición afectou ao uso da auga embotellada para beber e cociñar, se ben era apta para outros usos. Ademais, o Concello de Narón puxo á disposición da veciñanza auga embotellada en puntos de recollida e con entrega nos domicilios, nalgúns casos, durante os días nos que permaneceu a restricción para beber ou cociñar con auga procedente da rede de abastecemento».

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …

4 comentarios

  1. Me creo lo de los 6000 euros , porque dieron un servicio e información desastrosa , ejemplo: la casa Consistorial en plena crisis del agua cerraba las puertas a la 1 de la tarde por ser horario de verano , los funcionarios enchufados del Concello tenian prisa para irse a la playa , que pena de aldea

    • Qué tendrá que ver el horario de cierre del Ayuntamiento con lo que pasó…. Acaso abriendo la puerta del Ayuntamiento se soluciona el problema? Yo creo que mejor es lo que hicieron llevando el agua hasta el centro de recursos solidarios y también al rural que en casa de unos familiares que no pudieron ir a buscarla se la llevaron… En la playa estaban otros de la oposición que ni se molestaron en preguntar si hacía falta algoo colaborar… Oposición destructiva, qué se iba a esperar de algún partido…

  2. Ah…. 6.000 euros… pero entonces está reconociendo que tiene razón el PP y sí que procede una compensación, no? Menuda cara la del alcalde….

    • Cuánto daño hacen los recortes del PP en Educación… !! A dónde iremos a parar….! Yo en ningún sitio leí que procede compensación alguna en esa información… Lo que debe ser muy gracioso es el cálculo hecho por el PP, aunque saliendo de un gestor…