O BNG de Ferrol califica de «cínicas» as declaracións do PP sobre o saneamento

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol cualificou esta mañá de «cínicas» as declaracións do Partido Popular nas que cuestiona o modelo de saneamento escollido para esta cidade e a súa xestión, para a construcción e posta en funcionamento por parte do Estado a través da empresa ACUAES.

Os nacionalistas lembraron que «este modelo foi desenvolvido polo PP coa colaboración do resto de organizacións estatais no anterior mandato sen cuestionar o máis mínimo as condicións impostas no convenio con ACUAES, con Augas de Galiza e a encomenda de xestión feita a empresa EMAFESA».

«O actual comportamento do PP, a banalización da política e a espiral de demagoxia  da que fai gala  é a demostración de que non sinte o mínimo interese pola situación na que se atopan os veciños e veciñas da cidade respecto, neste caso, dunha infraestructura como o saneamento sobre a que se nos impuxo un modelo que nos hipoteca para os próximos 45 anos polo PP e que o actual goberno ratifica», sinalaron.

«Foi o goberno do PP quen estableceu no convenio con ACUAES que sexamos os ferroláns quen teñamos que asumir os costes de posta en funcionamento dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol que se recollen nesta tarifa variable. O único que quedaba por determinar era quen lla ía cobrar aos veciños e veciñas da Cidade», insistiron.

Con ello, desde o BNG denunciaron «esta maneira de facer política carente de rigor, coherencia, e que afonda na banalización de cuestións transcendentais para esta Cidade como é o saneamento da ría de Ferrol».

Lea también

«O Talentiño», certamen ferrolano que promueve el talento juvenil, ya en su recta final

«O Talentiño», el prestigioso certamen ferrolano del Concello de Ferrol que celebra y promueve el …

2 comentarios

  1. Gabriel del Castillo

    Pretender dar alguna lección estos del BNG? los que no han hecho nada por Ferrol, más que algún titular fácil denunciando alguna actuación de su amigo Suárez y FeC?

  2. A dónde vas con mantón de Manila????
    Siempre dando palos de ciego Iván.!