«A Xunta non está a cumprir coa parcelaria de O Val» (Eliximos Narón)

eliximos naron 22-9«Dende Eliximos Narón estamos a ver que non se están a cumprir os fins para os que se fai unha
concentración parcelaria» sinala nun comunicado ENE

«A lei fala de resolver problemas de rendibilidade económica e social, para fixar a poboación no medio
rural en base a facer rendible a actividade produtiva, para que cada explotación o sexa mantendo ou
incrementando a súa capacidade produtiva.

As infraestruturas básicas da concentración inclúen a rede de camiños rurais, coas súas obras anexas,
eliminación de accidentes que impidan o cultivo adecuado, e tamén a canalización de augas e
defensa de marxes, e en xeral, aquelas obras e melloras que beneficien as condicións agrarias e
ecolóxicas da zona, ou teñan por obxecto emendar defectos de infraestrutura.

Tamén fala de dar acceso directo das leiras ás vías de comunicación, para o que se establecerá a rede
viaria necesaria para o aproveitamento racional das explotacións resultantes, e para elo todos os
propietarios ceden unha parte do seu terreo» .

A PARCELARIA DE O VAL-MEIRÁS-LAGO

Na parcelaria de O Val – Meiras – Lago se están a esquecer as finalidades social e económica cando
moitos dos propietarios non conseguen saber cal é a súa nova finca e cando moitas delas quedan
inaccesibles, sen poder chagar a elas mais que monte a través (polas propiedades dos demais).

O que estamos a ver é que todos ceden pero non reciben por igual, pois estamos a encontrarnos con
terreos ou montes de primeira (coa súa pista e razoable acceso, aínda que sen pasos rodados que
salven as cunetas), de segunda (con pista pero con desniveis de 1 a 3 metros, insalvables incluso a pé),
de terceira (con antigos camiños de carro) e de cuarta (sen camiño recoñecible), e todo iso sen entrar
a falar da zona de Rede Natura 2000.

Por outro lado, a Lei non se esquece de esixir, que as terras non queden abandonadas e mantelas
cultivadas baixo pena de sancións. A pregunta é si dende a Xunta pensan que o monte pódese manter
coidado e ser rendible sen o acceso e o uso de maquinaria, e a base de ameazas de sancións.

O Concello terase que facer cargo dos camiños rurais da parcelaria e comprométese co seu
mantemento. Polo que serán os veciños, cos seus impostos, os que teñan que pagar as pistas sen facer
e arranxar as que xa están medio desfeitas pola acción das augas que están sen canalizar ou mal
canalizadas.

A pregunta que xorde é: ¿que está a facer o Concello?, xa que parece que están a ignorar o tema ata
que lles toque de facerse cargo das pistas, e tampouco se lles ve que estean a velar polos seus veciños
e os seus intereses.

Agora os propietarios teñen que comprobar as súas fincas antes de dous meses, pero o problema e
que, co estado dos accesos e da maleza, a tarefa faise inalcanzable para unha boa maioría, tanto para
localizar os seus marcos coma para facela medición, e en caso de discrepancias teñen que contratar a
un perito para reclamar, o que pode ser difícil con mais de 3000 fincas a medir» .

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …