O BNG de Ferrol critica as valoracións do PP ao goberno de Suárez

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol referiuse as valoracións feitas pola portavoz do Partido Popular do municipio, Martina Aneiros Barros, concernentes ao primer ano de mandato do goberno de Suárez, sinalando que «se fale de “postureo” despois de encher as rúas de Ferrol de estatuas inútiles, despois de asinar ante notario previo a unha campaña electoral compromisos banais e falsos, ou despois de anunciar plans de barrios sen orzamento, é o exemplo do cinismo dunha organización que deixou á cidade nun estado catatónico que o actual goberno prolonga dando continuidade as decisións adoptadas no anterior mandato popular».

Os nacionalistas arremeteron ademais que os populares censuren a práctica política do goberno local «cando é cómplice de decisións fundamentais para esta cidade, que comparte e colabora para levar a diante, como o Plan Especial de Ferrol Vello, asumir o contrato eléctrico, un convenio con Defensa de usura, que paguemos por unha infraestrutura de saneamento que no resto do Estado pagou o Estado, asumir a xestión dunha EDAR que non funciona, os mesmos criterios discrecionais para o reparto das subvencións culturais e nominativas, ou uns orzamentos que tivemos que sufrir durante catro anos que levaron á asfixia aos servizos que se poden prestar desde a administración local e que este goberno prorrogou son a mostra de que estamos ante unha organización que centra o debate político nos fogos de artificio e nos reproches fáciles e simples, mentres é totalmente submisa ante decisións que hipotecan a Cidade ao longo de décadas e que amosan a súa total dependencia dos ditados que lle impoñen desde Madrid sen o menor escrúpulo».

«Que o PP considere mellor os gobernos de maioría absoluta que gobernos que non poden impoñer as súas decisións de xeito unilateral demostra a concepción totalitaria que ten das institucións e da toma de decisións e participación nelas», dixeron os nacionalistas no seu comunicado, considerando que «despois de ter secuestrada a esta cidade durante catro anos o mellor que podería facer é permanecer en silencio».

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …

3 comentarios

  1. Las únicas estatuas inutiles que hay en Ferrol son los dos concejales del BNG

  2. ¿No tendrá otra cosa que hacer el BNG que andarle dando réplicas al PP, que también forma parte de la oposición? ¿No sería más interesante y sumamente productivo para la ciudad que se dedicaran a hacerle oposición al gobierno local?

  3. Lo de esta gente…. ellos si son de lo más irrelevante que ha en Ferrol. No se dan cuenta que no cuentan ni con el apoyo de los ciudadanos?? En vez de criticar tanto a la oposición, que se dedique a trabajar por Ferrol, y no a decir 4 chascarrillos de vez en cuando..