O problema do punto limpo como reflexo do Concello de Narón

naron-punto limpioEliximos Narón mediante un comunicado sinala referente ao punto limpo que  «Non sabemos si resulta mais sorprendente que sexa agora, despois de tantos anos de funcionamento do punto limpo convivindo co problema dos roubos e abandonos na súa porta, cando o goberno de Narón recoñeza e actúe para tratar de darlle unha solución, ou si aproveite este feito para facerse mais publicidade, pois entendese que a nota de prensa non é para disuadir aos infractores.

Calquera que o visite as instalacións darase conta que é doado acceder ao recinto para coller cousas, nunha sinxela instalación que non evolucionou dende foi construída con cargo á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pero esta é a actitude dos gobernos do Sr. Blanco dende que está na alcaldía, e así o concello vai funcionado pola inercia que ten, empuxado polos funcionarios e os veciños, e obrigado polas esixencias das outras administracións e só polas leis que non deixan ningún marxe para o seu incumprimento.

O Sr. Branco e o seu equipo saben que o que non se fai non dá traballo nin problemas, e non consume recursos, pero en todo caso subcontratar é a solución máis cómoda, aínda que por suposto esta comodidade hai que pagala, pero vai a cargo dos veciños.

A foto do punto limpo, igual que a do concello, é unha foto fixa que quedou conxelada no ano 2008».

Lea también

La ASCM conmemora el día del libro con un MercaLIBRO solidario

La Asociación Sociocultural ASCM organiza este viernes 19 en el local social de A Gándara …