Incompetencia administrativa do concello de Ferrol no mercado de Caranza

carta-directorSr. Director:

Con data 27 de Febreiro, o posto nº 28 do Mercado Municipal de Caranza (posto que está pechado e sen actividade económica algunha) tivo lugar unha fuga de auga que afectou á miña carnicería, posto contiguo a onde se presentou a inundación de augas.

Esta inundación causou desperfectos que non cheguei incluír na reclamación que metín ao rexistro do Concello (por ex: os días que mantiven pechado o negocio mentres se arranxaba a avaría) e só reclamei os 229,90 € da reparación.

Fixen todo o que me pediron no Concello presentando dúas reclamacións: unha informando da avaría e outra adxuntando a factura do arranxo.

Durante varios días acerqueime ao concello para resolver a situación e, non só non valeu para nada, se non que me comunicaron que hai máis de cen expedientes na mesma situación e que a demora pode chegar aos seis meses para darme unha simple resposta.

Resulta increíble que unha persoa autónoma teña que poñer 229,90 euros do seu peto sabendo cal é a situación actual do mercado de Caranza e os seus comerciantes, cando podería estar resolto dándolle unha tecla ao ordeador e efectuar o pago. Ademais as persoas traballadoras do Mercado pagamos anualmente unha cota de mantemento do lugar que a todas luces non reverte no acondicionamento do mesmo.

Queremos facelo público pensando neses máis de cen expedientes para que a xente na mesma situación saiba que teñen que agardar por unha resposta como mínimo seis meses.

Grazas pola divulgación, José Manuel Suárez Loureda

Lea también

Nuestras gentes-Xosé Fontela Leal, intelectual galleguista. Impulsor del Himno y de la Academia Galega

Este domingo, día 12, se cumplió el 159 aniversario del nacimiento en Ferrol de Xosé …