Personas desempregadas de Narón inician un programa formativo

Un total de quince persoas desempregadas da comarca iniciarán mañá nas instalacións do Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, un dos cursos do programa de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O curso, nomeado Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, ten unha duración total de 628 horas das que 120 son de carácter práctico, e os participantes recibirán ao remate do mesmo, o 18 de novembro, un diploma acreditativo co que poderán solicitar o certificado de profesionalidade, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida.

No marco das propostas formativas AFD, outras trinta persoas comezarán o vindeiro 6 de xullo outros dous cursos –quince participantes por cada modalidade-, sobre a atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, e de montaxe de mobles e elementos de carpintería, en ambos casos de 478 horas e das que 80 son prácticas. Estas últimas accións formativas rematarán o vindeiro 28 de outubro. O alumnado que realizará os tres cursos, e seleccionouse desde o Concello a través dos listados facilitados desde a Oficina de Emprego.

A edil de Formación recordou que o Concello de Narón conta na actualidade con varios cursos homologados e entre os mesmos, os tres citados anteriormente ofrecen a posibilidade de obter o certificado de profesionalidade.

Natalia Hermida subliñou a importancia deste tipo de convocatorias, de carácter teórico e práctico, de cara a incrementar a formación e as posibilidades de inserción laboral das persoas que participan. «Nuns tempos nos que son moitas as dificultades para poder acceder a un posto de traballo a formación xoga un papel fundamental e desde o goberno local continuaremos apostando por esta vía e buscando a colaboración supramunicipal para poder ofertar ás persoas desempregadas toda a axuda que sexa posible desde o Concello nesta área», destacou a edil naronesa.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …