Integrantes de Greenpeace visitaron Narón no marco dunha campaña contra o TTIP

A campaña de Greenpeace La voz del viento, cien kilómetros en bicicleta contra el Tratado Trasatlántico de Comercio e Inversión (TTIP) chegou hoxe a Narón da man de Alba Pons, Carmen Navas e Gonzalo Villafañe, integrantes do citado colectivo e que o pasado 8 de xullo iniciaron na Coruña un percorrido contra o TTIP. Os tres mozos chegaron esta mañá nas súas bicicletas a Narón e pernoctarán en instalacións municipais para saír mañá, ás 10 horas de diante do Concello cara a Cedeira, por donde continuarán a ruta ata o destino final, Ortigueira, con chegada prevista coincidindo coa celebración do Festival de Ortigueira, que comeza o vindeiro 14 de xullo.

A portavoz de Terra Galega, Marián Ferreiro, e o edil de Esquerda Unida, André Abeledo, recibiron aos tres integrantes da citada organización ecoloxista, que levaron como recordo uns agasallos institucionais. O alcalde, José Manuel Blanco, e representantes da corporación local estarán presentes mañá no acto de saída do grupo cara a Cedeira.

O colectivo, do que forman parte persoas de entre 18 e 23 anos divididas en varios grupos, explicou que «Narón tiña que estar obrigatoriamente entre as nosas paradas porque é un dos concellos adheridos en contra do TTIP». Ao respecto, cabe recordar que o pasado mes de xullo os edís de Terra Galega e do BNG e Grupo Mixto (EU/ENE) aprobaron no pleno unha moción para declarar a Narón como Concello contrario á aplicación do TTIP. No documento denúncianse as consecuencias do posible acordo das negociacións entre a UE e os Estados Unidos para favorecer ás transnacionais europeas e norteamericanas e tamén as posibles consecuencias, como ameazas dos dereitos laborais ou sobre os servizos públicos, a seguridade alimentaria ou a sanidade, entre outros. Os grupos que respaldaron a moción incidiron na necesidade de defender os servizos públicos básicos e solicitan ao Parlamento español e aos eurodeputados que rexeiten o TTIP e ao Ministerio de Economía que suspenda as negociacións en marcha.

Neste percorrido que os rapaces realizan por diferentes concellos galegos, en grupos aos que se pode unir calquera persoa interesada na defensa desta iniciativa, tal e como destacaron, manteñen reunións, ademáis de con representantes políticos, con integrantes de asociacións, cooperativas e outros colectivos para coñecer o modo en que traballan e as súas inquedanzas e, ao tempo, transmitirlles a súa postura contra o TTIP.

«Esta proposta, ao igual que outras, xorde dos campamentos organizados por Greenpeace, donde moitas das actividades se trasladan á rúa e difúndense para dar a coñecer a perspectiva e implicación da xuventude con respecto a diferentes temáticas», recalcaron desde o colectivo.

Lea también

O Goberno de Narón chega a un acordo para manter o servizo de madrugadores

O goberno local e as Anpas de Narón chegaron a un acordo para manter temporalmente …

2 comentarios

  1. Lastima no vinieran cuando mataron de hambre a los animales de Aldea Nova. Ya se ve que vienen a lo que vienen.

  2. Si, es una pena que cuando TEGA tenía a los animales en Aldea Nova famélicos y calavéricos no vinieran, y luego cuando los sacrificaron porque costaba mucho mantenerlos. Ahí no aparecieron…. no, aparecen ahora para sentarse con los responsables de aquella situación. Muy bien!