Ana Pontón (BNG) mantivo un encontro con traballadores de Coprago, en Meirás

bng-ana ponton en meirasA candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón visitou este venres a cooperativa  da fábrica Coprago en Meirás (Valdoviño) acompañada polo alcalde de San Sadurniño e cargos institucionais da comarca na que mantivo un encontro cos traballadores da fábrica de alimentación animal.

Ante os medios de comunicación, a candidata nacionalista manifestou que a grave crise que padece o sector lácteo «ten responsabilidades políticas» e cualificou de «engano» o  acordo do goberno do Estado e galego para o sector  asinado hai máis dun ano. Neste sentido, lembrou que os labregos e labregas seguen tendo os prezos máis baixos do leite e persiste a súa «indefensión» ante as empresas.

«É urxente dixo-  unha solución para o sector lácteo baixo a protagonismo do goberno galego e a esixencia dun marco de dialogo como xa aconteceu no seu momento coa mesa do leite co fin de garantir prezos xustos así como establecer liñas para  dimensionar o sector». Pontón  insistiu que Galiza necesita un «plan estratéxico» que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo «meros produtores de leite a prezo low cost».

A candidata anunciou que a aposta do BNG pasa pola innovación e transformación do sector lácteo no noso país.

O BNG presentase ás eleccións cun proxecto sólido

A preguntas dos xornalistas sobre ás eleccións galegos, a candidata afirmou que o BNG está centrado en escoitar e atender  as demandas da cidadanía e ofrecer «un proxecto sólido». «Para nós, xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas. Eu son candidata á presidencia da Xunta para transmitirlle á xente cales son as nosas propostas e alternativas e por iso nos presentamos e aspiramos a darlle esa alternativa a todos os galegos e galegas. Nós– recalcou a candidata do BNG- imos a por todas e facémolo cun proxecto alternativo de país e con candidaturas excelentes nas que a xente pode confiar porque temos solvencia, capacidade, proxecto e experiencia de goberno».

 

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …