Cabanas pon en marcha o servizo «Mencer na Escola» para facilitar a conciliación familiar e laboral

O Concello de Cabanas, en colaboración coa ANPA O Castiñeiro e o CEIP Eladia Mariño, levará a cabo o servizo Mencer na Escola como medida de apoio para posibilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. O alcalde, Germán Castrillón, sinala que se trata dunha iniciativa orientada prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede social destinados a este fin.

Mencer na Escola é un programa dirixido ó alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP Eladia Mariño, e desenvolverase todas as mañás lectivas do curso escolar desde as 7:30 ata as 9:30 horas. Realizaranse actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, e se proporcionarán almorzos saudables para aqueles e aquelas que o soliciten.

O programa iniciarase o día 12 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, e todas as persoas interesadas en inscribirse deberán facelo nas Oficinas Xerais do Concello a partir deste xoves, 1 de setembro, e ata o día 8 de setembro.

Para calquera dúbida ou aclaración teñen á súa disposición os teléfonos 636 141 474 e 981 49 59 59 (ext. 6). A ficha de inscrición está dispoñible na web municipal www.cabanas.es.

Lea también

Campamentos deportivos de conciliación en Valdoviño

El Ayuntamiento de Valdoviño abre la inscripción para los campamentos deportivos de conciliación Xoga no …

Un comentario

  1. Me gusta la idea, entiendo que durante ese espacio los padres podrán asistir a sus trabajos con l seguridad d q sus hijos quedan al cargo dl colegio hasta finalizadas las clases.