Barrio de Canido, paseata triste pola rúa Alegre

foro amigos ferrol-1O Foro de Amigos de Ferrol fai un percorrido polos lugares máis tristeiros da rúa Alegre, en Canido                                                                          —-ooooOoooo—-

Ao comezo da rúa Alegre, levántase este amplo e desleixado edificio do máis puro e ortodoxo estilo racionalista, antiga Residencia de Suboficiales do Exército de Terra, construído nos anos 1934/35. ¿ A quen pertence actualmente esta construción ¿. Hoxe atópase case sen uso, e sería una magnífica Residencia de Maiores, pola súa situación, súa amplitude e súa disposición interior. Ai ten o viaxeiro e viaxado Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey, unha boa ocasión de facer algo importante polo seu Ferrol natal.

burgoa-4-1

burgoa-4-2

Máis adiante, en plena rúa Alegre temos un exemplo dun espazo ruinoso na coñecida como Casa do Pobre, así chamada porque tempo atrás o seu propietario daba abondosas esmolas aos pobres que alí acudían. A simple comparación do gravado de Julio Ferrín cunha vista actual das súas visibles ruínas ilustran do seu abandono.

burgoa-4-3

Chegados á metade da rúa Alegre temos outro exemplo de desleixo no emblemático Corral de Chapón. O corral, ou curral, ese patio común tan abondoso nos rueiros galegos, tiña ata media ducia de vivendas onde moraban familias coñecidas no barrio de Canido. De novo a comparación co gravado de Julio Ferrín amosa o seu estado de abandono actual.

burgoa-4-5

Seguindo no barrio alto da cidade, rematando a rúa Alegre e chegando á rúa Atocha, atopamos a Casa do Patín, vivenda que foi do coñecido personaxe Pimborete. Hoxe encóntrase abandonada, co seu balcón e seu patín, as súas sinais de identidade, totalmente esnaquizadas. Outra vez o gravado de Julio Ferrín serve de proba do abandono do barrio.

burgoa-4-6
O manido tema das «Meninas»

Mentres tanto, os oportunistas e frenéticos activistas culturais da Cidade Ensimesmada anunciaron para Canido unha nova edición das «Meninas». No seu día, fai anos diso, este Foro de Amigos de Ferrol felicitouse da iniciativa de Avelino Castro e de Eduardo Hermida para adobiar as fachadas das casas do barrio alto, coa presenza e apoio de moitos pintores ferroláns, para dese xeito dar a coñecer o papel que pode xogar a pintura para humanizar, poñer en valor e lograr a rehabilitación do barrio alto da cidade.

Hoxe xa non é momento dos frívolos conta contos municipais; hoxe teñen que ir ao barrio de Canido os Concelleiros executivos (non os diletantes), os arquitectos e os empresarios de obras. Os pintores de Ferrol xa cumpriron o seu traballo e hoxe xa non acoden, nin están polo labor no tema das «Meninas». Por certo, vexamos tamén se as caladiñas asociacións do barrio (S.R.D. de Canido, Asociación de Veciños, Muiño do Vento) teñen algo que opinar neste asunto.

Pola transcrición Juan J. Burgoa

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …

3 comentarios

  1. José Manuel Rodríguez Cabanas

    La casa del patín de la calle de La Tocha esquina Corralon donde vivia la Sra. Obdulia y su familia nunca ha tenido de vecino a Pimborete, el vivia en El Molino del Viento pegado la casa
    de Maruja la Meona la lechera, que a su vez estaba haciendo esquina con la calle Alonso Lopez

  2. Uxío Avellaneda

    Tal como van las cosas, cualquier día, las Meninas de Canido serán declaradas “Patrimonio Histórico Artístico Español” y de esta manera, una vez convertidas en virtuales escudos humanos, las ruinas serán intocables y el paisaje post bélico se perpetuará.