Retirados en Cabanas 70 niños de vespa velutina nos últimos meses

O Concello de Cabanas retirou 70 niños de vespa velutina no municipio durante os meses de xullo e agosto. É o número de intervencións levadas a cabo pola Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil durante os meses de verán, atendendo especialmente as solicitudes de actuación trasladadas pola veciñanza.

Dende finais do mes de xuño, Protección Civil conta con equipamento específico para a loita contra a vespa velutina, traxes que permiten ós grupos de emerxencias levar a cabo con seguridade a destrución e retirada de niños.

Lea también

16 negocios de hostelería participan en una nueva edicion de “Neda a petiscos”

El Ayuntamiento ha presentado este viernes 19 una nueva edición de “Neda a petiscos”. La …